2G N.56 Ábalos+Sentkiewicz

Desde a súa fundación en 2006, o traballo levado a cabo por Ábalos Sentkiewicz -unha das dúas oficinas nas que se desdobrou o desaparecido estudo Ábalos  Ferreiros- destacou no panorama da arquitectura española e internacional por propor unha orixinal síntese entre rigor técnico, riqueza formal e integración de arquitectura, paisaxe e medioambiente.

Este número de 2G presenta 15 obras e proxectos recentes desenvolvidos por Iñaki Ábalos e Renata Sentkiewicz que abarcan desde programas museísticos -como a rehabilitación da Fundació Antoni Tàpies en Barcelona ou dous proxectos para o Caixafórum en Zaragoza e Sevilla-, pasando por obras de iniciativa privada -o estudo do pintor Albert Oehlen en Suíza, as vivendas da rúa Orfila ou o edificio de oficinas Lolita, ambos en Madrid- até concursos internacionais de grandes complexos, como a torre da Chapelle e a estación Osmose en París ou o Centro de Artes Escénicas de Taipei.

A selección de traballos vén precedida por dous textos introductorios de Philip Ursprung e Florencio Manteiga e péchase na sección Nexus con dous artigos: un texto no que propio Iñaki Ábalos reflexiona sobre como aquilo que denominamos sustentabilidade pode xerar un novo tipo de beleza, e un texto froito dunha conversación entre Ábalos, Sentkiewicz e Enrique Walker .

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: publicacións, revistas

Tags: , , , , , , , , , , , ,