Zaha Hadid, Premio Stirling 2011

A Academia Evelyn Grace de Londres, deseñada pola firma de arquitectos de Zaha Hadid, foi galardoada co premio Stirling 2011 á excelencia en arquitectura que concede cada ano o Royal Institute of British Architects (RIBA). Esa moderna academia situada no barrio de Brixton, ao sur da capital, levou a dotación de 20.000 libras (uns 23.000 euros) ao ser elixida mellor edificio novo construído en Gran Bretaña ou outros países da Unión Europea, sempre que fosen deseñados por colexios de arquitectura con sede principal neste país. Trátase dun instituto de secundaria deseñado polo mesmo equipo de arquitects que logrou ese mesmo galardón o pasado ano polo novo museo de arte contemporánea Maxxi de Roma. A Evelyn Grace Academy é un edificio estilizado de cristal e aceiro cun deseño que, segundo apuntaron os xuíces do RIBA, “fai que os nenos corran ao colexio cada mañá”. É a primeira escola que gaña este galardón aínda que no pasado outro sete edificios de colexios foron finalistas.

Instalacións do edificio galardoado | RIBA | elmundo.es

[…]

+ artigo publicado en el mundo

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, premios

Tags: , , , ,