“Un libro e cinco proxectos”. Atelier Barão-Hutter

Os arquitectos Ivo Barãou e Peter Hutter participan nos FOROS ESARQ 2013 coa conferencia titulada “Un libro e cinco proxectos”, na que reflexionarán achega da influencia que a contorna de traballo, a estratexia e a metodoloxía exercen sobre os proxectos dunha nova oficina de arquitectura.

Barãou-Hutter mostran unha selección persoal da súa obra: Un libro e cinco proxectos arquitectónicos. A través desta selección poderá verse como o ambiente, a estratexia e a metodoloxía de traballo pasan a ser tan importantes como os propios proxectos. No seu relatorio responderán a preguntas como: ¿Como un estudo novo entende e define a súa práctica da arquitectura logo de concluír universidade? “ou, ¿Que tipo de circunstancias e retos inflúen no seu traballo diario?

Ivo Barãou, nacido en 1986 no sur de Portugal, estudou arquitectura na FAUP en Porto e traballou en Gigon/Guyer en Zúrich. Peter Hutter, nacido en 1984 en Suiza, estudou arquitectura na ETH de Zúrich. Antes de fundar a súa propia oficina xunto con Ivo Barãou, traballou na oficina de Peter Zumthor.

Barãou-Hutter Atelier é un despacho de arquitectura e obxectos con sé en Zúrich. Desde 2010 Ivo Barãou e Peter Hutter están traballando xuntos nun espazo que foi anteriormente unha carnicería e que hoxe se converteu nun estudo colectivo e multidisciplinar. Actualmente comparten este espazo con fotógrafos.

A oficina colabora con diversos artesanos e especialistas, tales como cocineros, directores de escena e jardineros. Debido a esta forma particular de traballo Barãou-Hutter adquiriu un enfoque moi sensible ás diferentes tarefas. Os seus proxectos gardan sempre estreita relación cos contextos urbanos ou as paisaxes circundantes. Toman en conta as cores típicas, sons, luz do día, topografías, zonas de construción, a vegetación, os materiais, sombras e elementos arquitectónicos antigos.

Data: Martes, 2 de abril de 2013
Hora: 18.00 h
Lugar: Escuela Técnica Superior de Arquitectura de la Universitat Internacional de Catalunya (ESARQ-UIC). Aula Magna -C/ Immaculada, 22, 08017 Barcelona

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: conferencias, evento

Tags: , , , , , , , , , ,