Shaping Cities in an Urban Age

5 (100%) 1 vote

Shaping Cities in an Urban Age

Onde vivirei dentro de cincuenta anos? Que vantaxes e desvantaxes ten residir nunha cidade? Como cambiarán e evolucionarán as cidades nese tempo e como deberían prepararse os planificadores para esa evolución? Para todos aqueles que estean interesados nestas cuestións, xa sexan estudantes, académicos, profesionais ou lectores en xeral, o novo libro de Phaidon, Shaping Cities in an Urban Age, é o recurso perfecto.

Shaping Cities in an Urban Age é a terceira e última entrega da innovadora serie ‘Endless Cities’ de Phaidon, publicada en colaboración con LSE Cities, un dos centros de investigación urbana máis importantes do mundo. Editado por Ricky Burdett –profesor de Estudos urbanos da LSE, ex asesor arquitectónico do alcalde de Londres e asesor principal sobre arquitectura e urbanismo nos Xogos olímpicos de Londres 2012– e Philipp Rode –director xeneral de LSE Cities e profesor asociado de investigación na LSE–, Shaping Cities é o resumo do proxecto “Urban Age” da LSE, unha investigación global sobre o futuro das cidades.

Nos últimos 15 anos, o proxecto Urban Age estudou máis de 40 cidades de todo o mundo, colaborado con máis de 50 institucións académicas e autoridades municipais e organizado actos aos que asistiron 6.500 oradores e profesionais do deseño, a política, a investigación e a práctica urbanas. A experiencia dos membros do proxecto Urban Age, organizado conxuntamente por LSE Cities e Alfred Herrhausen Gesellschaft de Deutsche Bank, fan deste libro unha referencia esencial sobre o funcionamento da cidade moderna.

A diferenza dos seus dous predecesores (The Endless City, 2008; Living in the Endless City2011), dedicados fundamentalmente a casos prácticos en cidades concretas, Shaping Cities adopta unha perspectiva temática, explorando patróns de cambio urbano e analizando esas tendencias en relación con cinco elementos crave: emerxencia, poder, incerteza, limitacións e intervención. Presentando 37 ensaios escritos por políticos, profesionais e estudiosos, máis de 300 imaxes e datos e estatísticas comparativos esenciais, Shaping Cities ofrece solucións prácticas e meditadas aos desafíos urbanos. As cidades converteranse na principal forma de existencia social colectiva –calcúlase que vivirán nelas 2.500 millóns de persoas máis en 2050– e, por tanto, os temas que aborda este libro son vitais para todos nós.

Sen ignorar as dificultades que provoca a crecente urbanización, entre elas unha desigualdade estendida e as tensións de clase e étnicas asociadas, este título celebra a cidade como un lugar onde

“xorden, de forma aparentemente espontánea, novas realidades sociais, innovacións políticas e maneiras de relacionarse cos demais”.

Shaping Cities é a guía ideal para materializar ese potencial.

Sobre os autores.

Ricky Burdett é profesor de Estudos urbanos na London School of Economics ( LSE) e director de LSE Cities. Foi comisario da Exposición Universal de Arquitectura celebrada na Bienal de Venecia de 2006, asesor arquitectónico do alcalde de Londres entre 2001 e 2006 e asesor principal sobre arquitectura e urbanismo para os Xogos olímpicos de Londres 2012.

Philipp Rode é director xeneral de LSE Cities e profesor asociado de investigación na LSE.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: libros, publicacións

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,