12 miradas::Riverside


“O proxecto multidisciplinar 12 miradas::Riverside promove a investigación creativa A Coruña e a Ribeira Sacra son as localizacións nas que se desenvolven as iniciativas.”

12miradasRiverside-foto

A Galería Vilaseco Laboratorio Creativo e Corporación Fillos de Rivera presentan o programa 12miradas::Riverside, un proxecto cultural multidisciplinar que se desenvolve en dúas contornas moi diferenciados, un urbano, na Coruña, e outro rural, na Ribeira Sacra, fundamentado en dous eixos:

· Exposiciones e charlas: Anualmente faise unha selección de doce creadores vinculados á arquitectura, as artes plásticas, o deseño gráfico, de mobles ou a artesanía, que de forma individual e unha vez ao mes reflexionan, traballan e disertan ante o público na galería sobre unha selección de imaxes representativas para eles.

· Riverside: Baixo esta denominación ampliouse o radio de acción do proxecto ata a Ribeira Sacra, onde se expoñen dúas actividades complementarias. A primeira consiste na celebración duns obradoiros dirixidos ao público interesado impartidos por catro dos doce artistas mencionados.

Paralelamente, dentro desta segunda proposta, convócanse con carácter aberto e internacional tres bolsas de investigación, que inclúen un mes de residencia na zona, sobre artes plásticas, arquitectura e artesanía.

O obxectivo principal destas axudas é promover a execución de proxectos cuxos resultados representen un avance de coñecemento, experimentación e desenvolvemento sustentable do ámbito rural da zona da Ribeira Sacra.

Cada unha das axudas terá unha duración de tres meses, comprendido entre o 1 de setembro e o 30 de novembro de 2016. Dentro deste período destinarase un mes á residencia dos beneficiarios en dúas localizacións da Ribeira Sacra, situadas na poboación ourensá de Castro Caldelas e na lucense de Chantada. Os seleccionados recibirán unha asignación mensual de 1.500 euros e o prazo de presentación dos proxectos finaliza o 31 de maio de 2016.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: convocatorias, cursos-talleres, evento

Tags: , , , , , , , , , , , , ,