Rehabilitación de 7 edificacións para 9 vivendas e local comercial | Cendón Vázquez Arquitectos

A intervención prodúcese nunha mazá da parte alta do Casco Vello de Vigo. Zona esta moi degradada, polos conflitos sociais e a migración dos seus veciños abandonando as edificaciones.

Respectouse a morfología do parcelario, Recorreuse a unha distribución de vivendas contemporáneas, versátiles…na que se favorecen así as perspectivas transversais e a ventilación cruzada.

Previo a intervención

As edificaciones atopábanse en estado ruinoso, demolidas total ou parcialmente. Os muros estiveron sometidas á intemperie durante anos, as medianeiras atopábanse totalmente disgregadas e perderan a súa capacidade portante.

Ante a imposibilidad da súa rehabilitación, demoléronse e substituíronse por muros portantes de formigón e termoarcilla. Construíndose coa mesma xeometría que os orixinais e respectando a morfoloxía do parcelario.

Solución Proposta

Recorreuse a unha distribución de vivendas contemporáneas, versátiles e cubrindo os esixentes requisitos esixidos polas normas de habitabilidad de vivenda en Galicia.

Respectóuse a morfoloxía do parcelario, de modo que se poida percibir espacialmente o parcelario orixinal, xa que cada parcela correspóndese cun espazo da nova distribución.

Mantivéronse os muros portantes libres, sen encostarlles ningún tipo de tabiquerías ou elementos que distorsionasen a súa percepción. Favorecemos así as perspectivas transversais e a ventilación cruzada.

Recórrese constructivamente á tipoloxía de muros de carga e forxados de madeira.

A intervención, céntrase na rehabilitación das edificaciones conservadas, así como na reedificación das que xa non existen.

Nas edificacións a conservar:

Preténdese con esta rehabilitación poñer en valor os elementos salientables da arquitectura do Casco Vello: Beirados de madeira, fiestras a fas exteriores, restauración de barandillas e de chemineas…

Nas construcións a reedificar:

Respéctanse os valores da arquitectura do casco vello: a morfoloxía das parcelas, a disposición dos muros de carga, a volumetría, a proporción dos ocos macizos nas fachadas así como os materiais: granito de fachadas, carpinterías exteriores e estrutura de madeira.

Sempre se reinterpreta dun modo contemporáneo:

– As novas medianeiras reproducen a morfoloxía orixinal do parcelario, pero constrúese con muros de formigón en planta baixa o termoarcilla en plantas superiores.
– A fachada constrúese con bloques de granito de grandes dimensións colocados en vertical, definindo cada un deles o macizo entre os vanos.
– A estructura horizontal constrúese en madeira, pero con un forjxado macizo machihembrado de madeira laminada, que mellora cualitativamente as prestacións acústicas e de resistencia o fogo frente a un tradicional.

Tipoloxía

Optimízanse os percorridos verticais, resolvemos cun único núcleo de escaleiras o acceso ás vivendas. Accédese a través dunha fenda na fachada a rúa S. Sebastián, desde a que distribuímos as vivendas subindo ou baixando unha planta.

A edificación en Rúa Ferrería 11 rehabilítase nunha soa vivenda, con acceso pola Rúa Ferrería e polo patio interior.

Os núcleos húmidos aparecen como caixas pechadas que organizan á súa ao redor as estancias, dormitorios, vestidores… que permiten illalas ou agrupalas con grandes portas corredeiras a modo de tabiques. Potenciando así diversos xeitos de utilizar o espazo en función do momento do día ou da evolución no tempo das necesidades dos usuarios.

Entendemos así que as vivendas resultantes, son abertas, diáfanas, luminosas e con espazos resultantes moi versátiles, vivendas que se poden adaptar aos distintos usuarios finais ou á evolución das súas necesidades no tempo. A construción devolve a escala ás rúas e ao tecido circundante e é respetuosa co medio no que se asenta.

Obra: Rehabilitación de 7 edificacións para 9 vivendas e local comercial

Localización: Rúa Ferrería 11,13,17,19 y S. Sebastian 1,3,5,7 Vigo, Galicia, España

Arquitectos: Perfecto Cendón Domínguez e Javier Vázquez Fernández

Ano: 2011-2012

Arquitecto Técnico: Alejandro Martínez García

Estructuras e Instalacións: Antonio Reboreda Martínez

Constructora: DICONSA S.A.

Fotografía: Manuel G Vicente

Presuposto: 1.080.962 €

+ cendon-vazquez.com

+ premios

– XV Premios COAG

Premio Vivenda

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, espacio publico, obras, rehabilitación, vivienda colectiva

Tags: , , , , , , , ,