Reforma de O Mentireiro | Hábitat Social

O Mentireiro non quere ser un bar: salón de casa, xardín interior, recuncho de lectura, cinema… lugar de encontro. Sí, tamén poñen copas.

A partir dun local pequeno e con pouco cartos, procuramos xunto co dono, Rubén, acadar un espazo acolledor, versátil e con personalidade. Facer da necesidade virtude.

Propuxemos diferentes ámbitos que se puideran relacionar ou independizar, que admitiran usos distintos e cambiantes, que tiveran unha relación variable coa rúa segundo o momento.

Os materiais: confortables, baratos, naturais no posible… taboleiro de madeira de encofrar reutilizado, cortiza, redondos de aceiro… plantas que trepan, coxíns nos bancos, velas nas mesas.

Agora a esperar que a xente se apropie do Mentireiro… esperar que a vida pase por el.

Obra: Reforma de O Mentireiro

Autores: José Manuel Sánchez e Xiao Varela para Hábitat Social, Sociedade Cooperativa Galega

Promoción: Privada

Localización: R/ Beiramar, 12. Monte Alto. A Coruña, Galicia, España

Data: Xuño 2012

Fotografía: Iván Casal

+ habitatsocial.coop

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, obras, reforma interior

Tags: , , , , , , , , ,