Premio Manuel Gómez Román 2011 [convocatoria]

Convocados os Premios Gómez Román para proxectos de rehabilitación da arquitectura tradicional galega. As dúas modalidades destes premios  “edificacións tradicionais rehabilitadas ou restauradas” e “construcións adxectivas rehabilitadas ou reconstruidas” pretenden estimular a rehabilitación do habitat tradicional galego e contribuír deste xeito á recuperación da paisaxe e núcleos rurais de Galicia.

1.– Poderá concorrer ao “Premio Manuel Gómez Román” calquera persoa física ou xurídica redactora do proxecto dalgunha construción tradicional ou construción adxectiva reformada ou rehabilitada en Galicia.

2.- É condición indispensable que tanto os deseños como os materiais empregados e demais características das edificacións e construcións presentadas a concurso estean en consonancia coa contorna, e garden relación coa arquitectura tradicional da comarca.

3.- Admitiranse unicamente aqueles proxectos que estean totalmente rematados e que conten con licenza municipal  debidamente legalizada.

4.- O “Premio Manuel Gómez Román” comprende dúas modalidades:

a) Edificacións  tradicionais rehabilitadas ou restauradas, dotado con 2.000 €

b) Construcións adxectivas (hórreos, pombais, muiños…) rehabilitados ou reconstruídos, dotado 1.000 €.

Estes importes estarán suxeitos á lexislación fiscal vixente.

5.- A Asociación concederá anualmente a medalla de prata da Asociación a unha personalidade, pública ou privada, que se  teña salientado pola promoción e defensa do patrimonio material ou paisaxístico de Galicia.

6.- As persoas, institucións ou entidades interesadas en participaren na convocatoria do  “Premio Manuel Gómez Román”, deberán aportar a seguinte documentación:

1. Reportaxe fotográfica da construción e ubicación da mesma, así como calquera outra documentación que consideren oportuna (planos, proxectos técnicos, etc…).

2. Fotocopia da licenza de obra municipal expedida polo concello correspondente.

3. Datos do propietario ou propietarios do inmoble:

a) nome e apelidos

b) enderezo postal

c) número de teléfono

d) correo electrónico

7.- A devandita documentación deberá enviarse á sede da Asociación Amigos do Castelo de Maceda  SETESTRELO antes das 12 horas do día 17 de setembro de 2011, indicando no sobre que conteña a documentación a seguinte lenda: “Proposta para o Premio Manuel Gómez Román”, así como a modalidade á que concorre.

O enderezo é: Rúa Reza 3 Ourense

Admitiranse, igualmente, envios a través do correo electrónico.

A dirección neste caso é: info@setestrelo.es

8.- Un xurado de recoñecido prestixio reunirase o día 17 de setembro de 2011 para avaliar as propostas que se presenten.

Asemade, terá potestade para a interpretación das presentes bases, poidendo declarar deserto o premio que considere oportuno. 

9.- Unha vez emitida e divulgada a decisión do xurado dos “Premios Manuel Gómez Román” entregaranse en acto público que se celebrará no Castelo de Maceda  o día 15 de outubro de 2011 ás 12,30 horas da mañá.

10.- A Asociación Amigos do Castelo de Maceda “Setestrelo” resérvase o dereito de utilizar cantas veces estime oportuna, a imaxe e o nome dos inmobles galardoados, sen que iso dea lugar a pagamento adicional ningún, sendo a contía dos premios a única e total remuneración.

11.- As construcións premiadas non poderán participar en sucesivas convocatorias do “Premio Manuel Gómez Román”.

12.- A documentación correspondente aos inmobles non premiados poderá ser retirada polos seus propietarios na sede da Asociación no prazo máximo de dous meses a partir da data do acto de entrega pública dos premios. Posteriormente, a documentación que non fose retirada, destruirase.

13.- A participación neste concurso leva implícita a aceptación das presentes bases.

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, premios

Tags: , , , , , ,