Premio Juana de Vega de Arquitectura 2011

A Fundación Juana de Veiga dedica os seus esforzos a colaborar na mellora das condicións de vida do ámbito rural galego e no respecto da súa contorna natural, e a promover a formación orientada ás actividades económicas que nel se realizan. Nese contexto, tendo en conta a dispersión característica das vivendas nos espazos non urbanos do país, o que con demasiada frecuencia está a levar á perda de calidade paisaxística e ao abandono das formas e contidos da arquitectura tradicional, a Fundación, a través da Escola Galega da Paisaxe, convoca un premio anual de arquitectura, coa mellor dotación dos que se conceden en Galicia. Premiarase a mellor vivenda unifamiliar, tanto de nova planta como de rehabilitación, terminada o ano natural anterior en Galicia, segundo o criterio do xurado. Este valorará especialmente a capacidade da obra para converterse nunha referencia social que poida influír favorablemente nos tipos de vivenda que se constrúen no medio non urbano.

A esta oitava convocatoria poderán concursar as vivendas unifamiliares terminadas en Galicia no 2010. A data límite de presentación dos proxectos realizados é o 31 de Maio. O importe do premio é de 6.000,00 euros e o xurado poderá conceder ademais dous accesits dotados con 1.500,00 € cada un.

O Xurado estará formado, nesta edición 2011, por:

  • D. Celestino García Braña. President of the Official School of Architects of Galicia.
  • D. Enrique Sáez Ponche. President of the Foundation Juana de Veiga
  • D. Gonzalo Byrne. Architect
  • D. Xosé Manuel Casabella López. Director of the Upper Technical School of Architecture of the University of A Coruña.
  • D. Salvador Fraga Rivas. President of the delegation of the COAG in Vigo.
  • D. Manuel Caamaño Suárez. Secretary of the Board of Trustees of the Museum do Pobo Galego.
  • D. Xavier Seoane. Writer.

O fallo do xurado terá lugar no mes de setembro e os traballos premiados serán difundidos mediante a súa publicación.

El fallo del jurado tendrá lugar en el mes de septiembre y los trabajos premiados serán difundidos mediante su publicación.

[…]

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, premios

Tags: , , , , ,