Oblique Drawing. A History of Anti-perspective

É fácil que moitos dos que lean estas liñas asocien o concepto de perspectiva á lectura que dela fixo Erwin Panofsky no mítico A perspectiva como forma simbólica. Durante anos, os estudos de representación visual estiveron dominados polas interpretacións de Panofsky. Non é malo sinal que Massimo Scolari rescate en Oblique Drawing unha visión moito máis ampla que discuta a xerarquía da perspectiva central na historia.

Empezando por Panofsky e as súas famosas “conferencias” do Instituto Warburg, podemos recuperar unha idea fundamental: na definición da perspectiva de cada época ten máis importancia a concepción do mundo que a propia percepción visual.

Esta premisa, levada a calquera tipo de representación visual, é compartida por Scolari, quen considera as imaxes non só como unha forma de arte, senón como unha forma de pensamento. Do mesmo xeito que Panofsky, o achegamento de Scolari á representación visual e conceptual é un achegamento ás manifestacións filosóficas e ideolóxicas de cada cultura.

[…]

David H. Falagán

+ artigo publicado en arquilectura

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: libros, publicacións

Tags: , , , , , , , , , , , , ,