Libraría Sisargas | trespes.arquitectos

Recibimos o encargo para deseñar o novo local da Libraría Sisargas que se mudaba despois de 14 anos a carón do Campo de Marte.

Sisargas-Trespes-aamado_29

A libraría, asentada no barrio de Montealto da Coruña, quería minimizar as molestias do cambio de local apostando polo valor engadido do deseño.

Estaba nun baixo luminoso, en esquina, con grandes escaparates onde amosar libros, discos e outros artigos. No interior os mobles estruturaban o espazo e producían recantos onde follear os libros antes da compra.

O novo local é, por contra, un local estreito cun fondo de aproximadamente 20 m. Con luz nos dous extremos, con pouco escaparate onde amosar os seus produtos.

Decídese situar o punto de venda no centro, xunto co aseo e un pequeno almacén, formalízase mediante un arco que non toca a parece nun extremo para facer o ingreso e apoiar nas paredes a selección de libros para deixar o resto totalmente diáfano para dispor o mobiliario móbil.

Os mobles fixos realízanse mediante montantes de madeira de ayús con entrepanos de taboleiro lacado, xa sexan andeis ou non e desaparece cando se queren facer veladuras. Os andeis no moble situado ao fondo, con orientación Sur, fan de celosía para evitar a entrada directa dos raios solares e a vista cara o patio de quinteiro. Os móbiles son pezas hexagonais de distintas alturas que poden ser dende asentos a conformar unha gran mesa expositiva de distintas alturas ou configurar pequenos espazos expositivos. As posibilidades son infinitas debido a capacidade de asociarse do hexágono.

A mesa para os actos é parte dun hexágono e as bancadas son os expositores tombados.

Para ampliar as posibilidades expositivas do pequeno escaparate deséñase unha celosía de catro follas móbiles que aumenta as posibilidades de configuración sen estrangular a entrada de luz.

O chan realízase con caucho deportivo de cor gris que lembra o ceo invernal galego, o teito con “libros” pendurados, pintados pola propiedade, semellan un mar fecundo, o mar das Sisargas.

Obra: Libraría Sisargas A Coruña
Autor: trespes.arquitectos [Carlos Mosquera, Alberte Pérez, Enrique Iglesias]
Emprazamento: Rúa de San Roque 7. 15002, A Coruña, Galicia, España
Coordenadas : -Latitude: 43° 22′ 24″N   -Lonxitude: 8° 23′ 51″W -Uso UTM: 29 -Coordenadas x: 548798m -Coordenadas y: 4802463m
Colaboradores: Alejandra García Macías (arquitecto)
Mobiliario: Lámpadas de MV
Fotografías: Ana Amado
Ano: 2014 – 2015
+ trespesarquitectos.com

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, equipamento cultural, equipamiento terciario, mobiliario, obras, reforma interior

Tags: , , , , , , , , , , , , , , ,