GZ 10 · Prototipo de vivenda unifamiliar | Fermín G. Blanco

Investigación suscitada como parte práctica e complementaria da tese doctoral: Os “ósos” de Fisac; a procura da peza ideal. A tese analiza os inventos patentados do arquitecto Miguel Fisac.

Unha análise exhaustivo destas patentes permite descubrir a evolución da obra e do pensamento do mestre manchego que termina por condensarse na súa última patente, un sistema aínda vigente e que o arquitecto bautiza como “arquitectura vertida”.

Fisac falece en 2006 sen ver a aplicaciónpráctica da súa ultimo invento. Este feito servirá de base ao presente traballo que ten por obxectivo desenvolver esta patente no campo da vivenda unifamiliar de baixo custo.

Suscítase un caso práctico real que servirá como campo de probas para analizar as posibilidades e limitacións do sistema.

A metodoloxía e conclusións permiten ver en conxunto, a evolución do pensamento de Miguel Fisac e ao tempo establecer un percorrido pola tradición constructiva española máis recente e a súa estreita relación coa realidade actual.

Obra: GZ 10 · Prototipo de vivenda unifamiliar

Autor: Fermín G. Blanco

Localización: Gronzo, A Coruña, España

Dirección de obra: Luis Miguel Fernández López, Javier López da Vila

Fabricación de paneis: Posteléctrica Fabricación

Montaxe: Marcos Carreira

Carpintería de Alumino: Quintaplast

Seguimento documental: Alex del Río -fotografía- David Plaza e Sonia Otero -edición- Eduardo Estévez -operador- Edilberto Viéito -deseño gráfico-

Fotografía: Héctor Santos-Díez | BISimages + Estudio Fermín Blanco

+ ferminblanco.com

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, obras, vivienda unifamiliar

Tags: , , , , , , , , ,