Esquinazos | Juan Creus

E

O esquinazo é unha forma de quebrar a realidade

para reivindicar lecturas non lineais do espazo.

S

Revoltas onde o hábito, como corrente de uso, se

separa e concentra nun lugar concreto: esquina.

Q

Non son xestos, senón a expresión de novos trazos

do cotián introducidos como cortes e indicios.

U

Como unha celebración coa que ninguén conta e que

prescinde dunha linguaxe considerada exemplar.

I

Construción que se posiciona, parte sobre parte,

retallo sobre retallo, expresando ideas ben claras

que hai detrás do cotián.

N

Trátase de resumir acontecementos de

a vida. O significado dese achado.

A

Os monumentos teñen algo diso, pero perden

interese cando impoñen unha forma concreta á realidade.

Z

Os esquinazos deixan cabos soltos, cun discurso

máis elaborado e unha linguaxe propia que esperta

o interese do observador sobre o espazo ocupado.

O

Son unha forma consubstancial á tradición como

parte da súa propia dinámica de cambio.

S

Así que existe neles un valor

manifesto de nova permanencia.

Juan Creus · Doutor arquitecto
a coruña · xuño 2015

Creus e Carrasco

Juan Creus Andrade (Cée, La Coruña, 1966) ETSAC 1992. Premio Extraordinario. Doctor Arquitecto. Profesor ETSA y EICCP La Coruña desde 1996, Departamento de Proxectos Arquitectónicos y Urbanismo UDC. Miembro de la Sección de Arquitectura del Consello da Cultura Galega desde enero de 2007. Co-Director de la revista O Monografías.

Covadonga Carrasco López (Ribadeo, Lugo, 1965) ETSAC 1993. Premio Isover Fin de Carrera.
Miembro del Aula de Rehabilitación del Casco Histórico de Santiago de Compostela, 1997. Ambos son miembros fundadores del colectivo “O Cerne da Deboura” implicado en la realización de estudios para la recuperación del patrimonio abandonado (1988-1993). Editan RESINA (REvista de los Seres sIN Arquitectura) a través de su web y en formato caja de fichas.

follow me

Arquivado en: artigos, Creus e Carrasco

Tags: , , , , , , , ,