Eso din 2013-14

Tras o primeiro ano da edición do ciclo Eso din, charlas coloquio de arquitectura, que contou coa participación de Jorge Meijide, Pablo Gallego, trespés arquitectos e Carlos Quintáns, retoma o seu ritmo e se desenvolverá durante os meses de outubro de 2013 a xuño de 2014.

Iso din é unha iniciativa organizada por lasonceymedia e veredes, que reunirá arquitectos galegos pertencentes a distintas xeracións coa intención de presentar un amplo espectro de enfoques da disciplina: construción, docencia, divulgación, investigación e hibridación con outros campos. En todos os casos, o pano de fondo será unha reflexión acerca do papel do arquitecto no momento actual e as súas múltiples redefinicións.

Cada sesión dividirase en media hora de presentación do arquitecto invitado e outros trinta minutos de coloquio entre os asistentes e o relator. Tanto a charla coma a conversación posterior terán un carácter informal e distendido.

O ciclo celebrarase o primeiro e terceiro xoves de cada mes entre as 20:00h e as 21:00h na planta baixa do taller creativo No Importa (c/ San Andrés, 46) a partir de maio de 2013.

Organiza:

Alberto Alonso Oro [veredes.es]

Maria Olmo Béjar + Borja López Cotelo [lasonceymedia.com]

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: deriva

Tags: , , , , , , , , , , , , , , ,