Eso din · ARKB – Arrokabe arquitectos

O próximo xoves 3 de abril terá lugar unha nova sesión de sesións coloquio de arquitectura, Eso din. Nesta ocasión, o convidado será ARKB – Arrokabe arquitectos. A sesión dividirase en media hora de presentación do arquitecto e outros trinta minutos de coloquio informal co público.

Iso din é un ciclo de sesións-coloquio que se celebra o primeiro e terceiro xoves de cada mes entre as 20:00h e as 21:00h na planta baixa do Taller Creativo No Importa (rúa San Andrés, 46); nel participan arquitectos galegos pertencentes a distintas xeracións coa intención de presentar un amplo espectro de enfoques da disciplina, sempre cunha reflexión acerca do papel do arquitecto no momento actual como pano de fondo.

ARKB – Arrokabe arquitectos

Está formado por Óscar Andrés Quintela e Iván Andrés Quintela.

+ arrokabe.com

ESO DIN · ARKB – Arrokabe arquitectos

Xoves 3 de abril 20:00 – 21:00h

aforo limitado – entrada gratuita

[NO IMPORTA] taller creativo

C/San Andrés 46 pranta Baixa

A Coruña [España]

Organiza:

Alberto Alonso Oro [veredes.es]

Maria Olmo Béjar + Borja López Cotelo [lasonceymedia.com]

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: deriva

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,