Enric Miralles co tempo

Enric Miralles traballaba co tempo. A favor del, preparándose para recibilo e cambiar con el. O tempo transcorrido dende a súa desaparición deixa ver ese legado nos seus proxectos. Por iso, a Fundació Enric Miralles organiza a exposición “Enric Miralles co tempo” para revisar algúns traballos do arquitecto pasado un tempo e para recordar que o manexo deste elemento tempo, con e no espazo, era un dos piares da súa arquitectura.

Así, o tempo está presente en todos os proxectos expostos na Fundació. Moitos son traballos efémeros que, paradoxalmente, e a base de reutilizacións e reinterpretacións se converteron en permanentes. Quedaron e foron reaparecendo ao longo do tempo.

Comisariada por Anatxu Zabalbeascoa, a mostra poderase ver na Fundació Enric Miralles dende o 22 de novembro ata maio de 2014.

 

“Enric Miralles co tempo” parte da idea de que Miralles utilizaba o tempo como un material máis. Multiplicábao, torábao, e tamén se poñía ao seu favor: observándoo, comprendéndoo e asumíndoo. A mostra revisa doce traballos para recoñecelos e xogar co tempo a través deles. Todos os proxectos seleccionados: do Concello de Utrech á propia vivenda de Enric Miralles e Benedetta Tagliabue en Barcelona, da instalación Heaven (nunca antes exposta en España) á mesa Ines-Table empregan o tempo como material construtivo.

Exposición “Enric Miralles co tempo”

Do 22 de novembro ao 31 de maio de 2014

Inauguración

21 de novembro ás 19.30 h

Concerto Roberto Cacciapaglia

27 de novembro ás 19.30 h

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, exposiciones

Tags: , , , ,