Efimeras. Alternativas Habitables

No século XX os valores que caracterizaron sempre á Arquitectura Efémera como lixeireza, reciclaxe, estandarización, mobilidade, almacenamento, sustentabilidade, economía, fugacidade…, permitiron unha rápida xeración de resposta ante as distintas realidades emerxentes: sociais, políticas, tecnolóxicas, arquitectónicas, filosóficas, etc. A facilidade de transformar as ideas en realidades, fai das arquitecturas efémeras unha plataforma áxil para o pensamento a experimentación e o desenvolvemento, tendo os seus máis logrados froitos no Hábitat. Nas últimas décadas, distintas disciplinas traballaron de maneira transversal, desde perspectivas moi variadas. Atopamos coexistindo nun mesmo proxecto a tecnoloxía aeroespacial coa botánica ou a industria téxtil. Pensamos que a múltiple interacción de tan diversas áreas do coñecemento é a clave para entender estas Arquitecturas Efémeras, e cada vez máis do resto dos ámbitos da Arquitectura.

por efimeras.com

O obxectivo é estudar e divulgar este universo do Hábitat Efémero, a través das propostas máis relevantes do S.XX. Os medios expositivos estarán enfocados a transmitir este carácter transversal e multidisciplinar, buscando a participación e retroalimentación co visitante. Pensamos que tanto o contido como a maneira de expolo non foron expostos até agora. Catro serán os conceptos fundamentais que articulen a exposición: “baixo custo”, “faino ti mesmo”, “emerxencia” e “tecnolóxico”. Desenvolverase un prototipo a escala 1:1 para cada concepto, buscando aqueles de maior transcendencia. Tamén serán catro os audiovisuais que recollan as propostas máis sobresalientes de vivenda efémera no S. XX e nestes primeiros anos do S XXI.

Dous elementos interactivos complementan a exposición: O “reactmap”, un mapa de relacións de todos os proxectos arquitectónicos, sociais, tecnolóxicos e artísticos seleccionados, e unha páxina web, creada co obxectivo de levar a exposición fóra dos límites da sala, e á súa vez, acoller propostas participativas de profesionais invitados e público interesado, servindo do mesmo xeito como referencia para visitala, trazando un camiño de ida e volta.

Madrid
16 de Febreiro a 29 de Maio de 2011
La Arquería de Nuevos Ministerios, Paseo de la Castellana 67
Ministerio de Fomento
Comisaria: Carmen Blasco Rodríguez
Efímeras. Alternativas habitables

+ efimeras.com

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, exposiciones

Tags: , , , ,