Composición Asfáltica

No 2007 estabamos no cume da burbuxa . O perfil das cidades variaban día a día con novas construccións modificando a morfoloxía das mazás e o entramado urbano. Os edifiicios medraban sen parar sustituindo a outros perecereiros coma se se tratasen de vexetais de tempada. Noutros casos, do valeiro creado entre medianeiras, xurdían estructuras lixeiras coma se a semente económica tivese raices profundas.

No 2008 explotou. Milleiros de proxectos viñeronse abaixo tan rápido, como axiña pasaban do papel á realidade. As mazás rabenadas polo martelo inmobiliario quedaban espidas e as vergoñas amosabanse expostas ante as miradas dos peóns. Así, coma se dos primeiros habitantes do mundo se tratase, as paredes inconclusas comezaron a taparse con elementos sinxelos económicamente accesibles; dando como resultado unha olexe de formigón como solución construtiva das edificacións abertas. Desta maneira, o gris invadeu a cidade, nalgúns casos con máis orixinalidade que noutros, chegando incluso a convertirse nun virtuosismo arquitectónico.

Esta exposición trata de ensinar estas partes repelidas da cidade, tratando de atopar algún valor compositivo, que, por momentos parece achegarse a unha abstracción minimalista propia dos que xa non teñen medios.

Composición Asfáltica, Roi Alonso

Galería Espacio Cultura

centro comercial Espacio Coruña

[mappress mapid=”56″]

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, exposiciones

Tags: , , , , , ,