Como tizón queimado. Christian García Bello


Como tizón queimado é unha axilización do proceso creativo de Christian García Bello (A Coruña, 1986) cara á rotundidade contida do xesto, e cara á severidade con decisión dun carácter en evasión concreta e certamente radical. Esta evasión é fidelidade cara a un mesmo, achado do temporal que tende e se estratifica cara ao superior; e é atributo da individualidade transcendente que, ademais da integridade que se lle esixe, é tamén produto da inflexión da reflexión e a súa conversión en obxecto: a materialidade tridimensional, non equívoca e, menos aínda, derivativa e desinencial, na cal refuxiarse, acharse, e refundarse. A complexión non banal da instalación site-specific establece unha unidade lóxica co espazo (baleiro, luz e certas perspectivas aparentes) que particulariza o medio envolvente, e o torsiona nunha sucesión de tensións verticais e horizontais reivindicativas dunha xeometría pura e razoada. E a utilización da madeira, do grafito, da corda, texturiza esa armazón primaria, insistente e focal, afirmación do inviolable do home e da súa unicidade substantiva.

” meu individual Como tizón queimado, comisariada por Alberto Carton, permanecerá exposta no CGAC ata o 14 de xuño. Nela presento unha serie de pezas inéditas e específicas para o espazo que camiñan entre a escultura e a instalación e que son froito dun longo traballo de taller e en paralelo ao proxecto Finisterre/Land’s End subvencionado polo Injuve na súa convocatoria de 2013. Nelas continúo a miña exploración sobre os eixes do meu traballo: o individuo ante a paisaxe e a súa propia existencia. Para iso vállome de materiais xa habituais no meu traballo dos últimos anos como son a madeira (tratada con pigmentos minerais como o carbón ou o grafito), o metal, a corda e o saial de la.”

Vista da exposición | Fotografía: Manuel G. Vicente

En verbas de Alberto Carton:

“Como tizón queimado é unha axilización do proceso creativo de Christian García Bello (A Coruña, 1986) cara á rotundidade contida do xesto, e cara á severidade con decisión dun carácter en evasión concreta e certamente radical. Esta evasión é fidelidade cara a un mesmo, achado do temporal que tende e se estratifica cara ao superior; e é atributo da individualidade transcendente que, ademais da integridade que se lle esixe, é tamén produto da inflexión da reflexión e a súa conversión en obxecto: a materialidade tridimensional, non equívoca e, menos aínda, derivativa e desinencial, na cal refuxiarse, acharse, e refundarse. A complexión non banal da instalación site-specific establece unha unidade lóxica co espazo (baleiro, luz e certas perspectivas aparentes) que particulariza o medio envolvente, e o torsiona nunha sucesión de tensións verticais e horizontais reivindicativas dunha xeometría pura e razoada. E a utilización da madeira, do grafito, da corda, texturiza esa armazón primaria, insistente e focal, afirmación do inviolable do home e da súa unicidade substantiva.”

Como tizón queimado
Artista: Christian García Bello
Comisario/a: Alberto Carton
6 marzo – 14 xuño 2015
CGAC
Rúa Valle Inclán, 2, 15703 Santiago de Compostela, España

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, exposiciones

Tags: , , , , , , , , ,