Como claros rodeados polo bosque | José Valladares

para javier e carlos, compañeiros de viaxe

É posible pensar nas construcións de Jorn Utzon como claros rodeados por un bosque. É así en Can Lis, a súa primeira vivenda en Mallorca, onde a casa disponse cuidadosamente entre os piñeiros, evitándoos aquí e alí, buscando un lugar entre eles, para chegar ao mar. No sinxelo esbozo que establece a sección de Can Lis, os pequenos e case imperceptibles movementos da pluma debuxan con todo con precisión os sucesos fundamentais: o pinar e o acantilado, a elevación do chan construído, o patio en que parece penetrar a arboleda, o espazo alto da sala e o espazo baixo das troneras cara ao mar. Todo delicadamente debuxado en apenas tres grosos de tinta.

Iglexa de Bagsvaerd de Jorn Utzon, Copenhague, 1967/1976 | Fotografia: Jose Valladares

Pouco tempo despois, polo contario, ao construír a igrexa de Bagsvaerd o claro orixínase antes que o bosque, porque este é necesario para que aquel acabe de existir. E entón Utzon constrúeo, porque ese bosque, xa exista ou estea por vir, é un elemento de construción máis, tan importante como o ladrillo ou o hormigón para a creación dun lugar. Deste xeito, Bagsvaerd non haberá de existir plenamente ata que as árbores circundantes alcancen o seu tamaño final e Utzon ten tan clara esa convicción que el mesmo costea a plantación de abedules que rodean o edificio.

Hoxe, ao camiñar cara á igrexa, as súas fachadas modestas e opacas anímanse co baile de luz e sombra que provoca o vento ao axitar as ramas dos agora xa grandes árbores. No interior esa opacidad transfórmase en intensa claridade mentres as ramas seguen danzando sen parar sobre os tellados acristalados dos corredores.

José Valladares

santiago de compostela. marzo 2012

José Valladares Durán

Arquitecto por la ETSA Barcelona, 1996 y socio fundador del estudio rvr arquitectos ubicado en Santiago de Compostela.

follow me

Arquivado en: artigos, José Valladares Durán

Tags: , , , , , ,