Carlos Meijide. Arquitecto

Con motivo da Semana Mundial da Arquitectura: o próximo mércores 15 de outubro na Delegación do COAG na Coruña, ás 20:00 H., inaugurarase a exposición: CARLOS MEIJIDE. ARQUITECTO. A exposición reune un breve pero intenso conxunto de documentación orixinal centrada sobre a vivenda na obra do noso botado de menos profesor e compañeiro monfortino.

“Carlos Enrique Meijide Calvo (Monforte de Lemos, 2 de maio de 1936 – † 2001) foi un arquitecto español e profesor de Proxectos na Escola Técnica Superior de Arquitectura Da coruña (ETSAC). Titulado pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid en 1963 e doutorado por esta en 1968, o groso da súa obra edificouna en Galicia. Ademais de arquitecto e profesor foi tamén arquitecto do Ministerio de Vivenda e subdirector xeral de patrimonio histórico de Galicia.”

A exposición permanecerá aberta, en horario de apertura da Delegación, ata o 5 de novembro de 2014.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, exposiciones

Tags: , , , , , , , , , , , ,