O outro Caligari | Jorge Gorostiza

The Cabinet of Caligari
The Cabinet of Caligari

Escribindo sobre O gabinete do Doutor Caligari, descubrín The Cabinet of Caligari, unha película estadounidense en CinemaScope, pero en branco e negro, producida e dirixida por Roger Kay en 1962, cun guión de obert Bloch, que escribira a novela en que se baseou Psicose.

O seu argumento é convencional, pícase un pneumático do coche da protagonista que viaxa soa, mentres circula por unha estrada no medio da natureza e camiñando, casualmente chega a unha casa illada, onde vive o doutor Caligari, a partir dese momento, irán sucedendo acontecementos estraños, por culpa do dono da casa e os seus invitados, nos que ao final se comproba que nada é o que parece.

Como pode comprobarse, salvo a profesión do protagonista -ambos son siquiatras-, esta película non ten relación coa dirixida por Wiene, como tampouco o ten visualmente, salvo unhas alucinacións que sofre a protagonista nas que parece estar dentro da película alemá.

Visiones de la protagonista
Visións da protagonista

En canto á arquitectura, case non se ve o exterior da casa, que parece un chalé convencional, o seu interior ten unha configuración parecida á mansión do arquitecto Hjalmar Poelzig en Satanás, cun gran salón na planta baixa e unha planta alta onde hai varios dormitorios, mentres que neste caso, no canto dun soto, engádeselle unha terceira planta onde está o despacho particular do doutor, ao que se entra por unha porta acristalada e giratoria.

O salón ten moitos mobles, mesturando distintos estilos e o máis interesante é unha librería sen fondo que serve para separar dous ambientes e, sobre todo a escaleira que comunica a planta baixa coa superior -como tamén sucede en Satanás-, que é metálica, moi lixeira, case como o esqueleto dun animal e cun deseño estilizado, sen relación coa pesadez anodina e a escuridade do resto do edificio.

The Cabinet of Caligari non é unha mala película e vese de bo grado, tendo en conta a moda de argumentos “sicológicos” daquelas décadas, o máis desafortunado é o seu título, porque pola súa culpa, comparouse coa película alemá, a pesar de que son completamente diferentes. En fin, unha película para descubrir que pode analizarse arquitectónicamente deparando algunha sorpresa.

El salón desde el jardín
O salón dende o xardín

Jorge Gorostiza, Doutor arquitecto.
Santa Cruz de Tenerife, xaneiro 2019
Autor do blogue Arquitectura+Cine+Cidade

Jorge Gorostiza

Doctor arquitecto, proyecta y construye edificios y desarrolla trabajos de urbanismo. Desde 1990, publica numerosos artículos sobre cine y arquitectura en medios de su localidad, revistas como Nosferatu, Nickleodeon, Academia, Lateral, Cahiers du Cinema… y en varios volúmenes colectivos. Entre el 2000 y el 2005 dirige la Filmoteca Canaria. Imparte conferencias sobre arquitectura y cine en instituciones como el CAAM en Gran Canaria, la UIMP, el CENDEAC en Murcia, INCUNA en Gijón, Fundación Telefónica, la ETS de Arquitectura y el CCCB de Barcelona, las ETS de Arquitectura de La Coruña, Sevilla, Valencia y SEU madrileña, La Ciudad de la Luz en Alicante, la UNED en Pamplona, en varios colegios de arquitectos, así como en las universidades del País Vasco, Gerona, Valladolid, Málaga, Granada, SEK en Segovia y CEES de Madrid. Jurado en varios festivales cinematográficos, como los de Alcalá de Henares (2001), San Sebastián (2002), Sitges (2003), Las Palmas (2005) y Documentamadrid (2005), y comisario de las exposiciones Constructores de quimeras. (Centro Conde Duque, Madrid, 1999) y La arquitectura de los sueños (Capilla del Oidor, Alcalá de Henares, 2001).

He publicado bastantes libros y muchos artículos, he impartido conferencias, he sido comisario de exposiciones y jurado en muchísmos festivales. Si quieren saber más no duden en consultar mi blog ARQUITECTURA + CINE + CIUDAD.

follow me

Arquivado en: arte, artistas, capturas, cine, Jorge Gorostiza

Tags: , , , , , , ,