Arquitecto, cámara… ¡Acción!

Arquitecto, cámara… ¡Acción! Curso de arquitectura e cine documental ofrece a oportunidade de achegarse á obra de arquitectos como Le Corbusier, Richard Neutra ou Mies van der Rohe grazas á análise realizada por un grupo de especialistas a través dunha serie de conferencias que terán lugar todos os venres desde o 11 de xaneiro ata o 10 de maio. Ademais das conferencias, o curso inclúe, grazas á inestimable colaboración da Fundación Caixa de Arquitectos, un ciclo de proxeccións sobre grandes figuras da arquitectura pertencentes á colección Arquia Documental; deste xeito, logo de cada conferencia achega dun arquitecto determinado proxectarase o documental correspondente sobre un aspecto concreto do seu traballo ou a súa obra en xeral.

Cada conferencia comezará ás 18:00 h., e a continuación, ás 19:00 h., proxectarase o documental. O importe da matrícula é de 60 euros, reducíndose a 40 euros para estudantes, xubilados e desempleados. O acceso ás proxeccións dos documentales é totalmente gratuito, tendo de todos os xeitos preferencia os alumnos matriculados nas conferencias en caso de completarse o aforo.

Arquitecto, cámara… ¡Acción!

Curso de arquitectura e cine documental

Datas: 11 Xaneiro 2013 – 10 Maio 2013

Participantes: Xosé Manuel Casabella, Joaquín Fernández Madrid, José Antonio Franco Taboada, Pablo Gallego, Celestino García Braña, José Ramón Garitaonaindía, José González Cebrián, Rai Iglesias, Jesús Irisarri, Plácido Lizancos, Pedro de Llano, Carlos Nárdiz, Juan B. Pérez Valcárcel, Rafa Pier, Guadalupe Piñera, Antonio Raya, José Benito Rodríguez Cheda, Iria Sobrino, Cristina Vilariño

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: cursos-talleres, evento

Tags: , , , , , , , , ,