Architecture on the web. A Critical Approach to Communication

¿Como cambiou a forma de comunicar a arquitectura na era de internet? ¿Cal é a diferenza entre a arquitectura e o seu mito? ¿Que acontece cando se intenta facer coincidir a obra arquitectónica coa súa fotografía? ¿Que camiños toma a obra cando viaxa a través da súa imaxe? ¿Que teñen que ver Facebook e Twitter coa promoción do proxecto dun edificio? Estas preguntas, de grande actualidade, son o eixe do volume “Architecture on the web. A Critical Approach to Communication” compilado por Paolo Schianchi.

“Internet e os medios sociais cambiaron a forma de divulgar a información” é unha afirmación que se repite e se aplica tamén á comunicación en arquitectura. Actualmente, cando se pasa do proxecto dunha obra arquitectónica á súa difusión formúlanse dilemas inevitables. Por exemplo, as formas e prazos en que os usuarios consumen esa información, ou a relación entre a obra de arquitectura e a súa interpretación a través dos medios.

Grazas aos ensaios elaborados polos catro autores históricos da redacción de Floornature (Paolo Schianchi, Mara Corradi, Christiane Burklein e Agnese Bifulco) o libro “Architecture on the web. A Critical Approach to Communication” lanza un tema actual no campo da arquitectura, dando renda solta ao debate e establecendo as bases para unha disciplina, “a imaxe da arquitectura na web”, que xorde e se desenvolve nos nosos días.

Completan o volume unha serie de colaboracións sobre o tema por parte de arquitectos de fama internacional como C.F. Møller Architects, Alberto Campo Baeza, Giancarlo Mazzanti, Mauricio Pezo e Sofia von Ellrichshausen, MVRDV, TYIN tegnestue, fotógrafos como Ken Schluchtmann e Tom Vack, profesores como Angelo Maggi de IUAV de Venecia, Luca Molinari de la Seconda Facoltà dei Architettura “Luigi Vanvitelli” de Nápoles, Kuba Snopek del Strelka Institute for Architecture, Media and Design de Moscú e Alexis Kraft de la Parsons The New School of Design de Nova York, evidencias directas do interese que levanta unha cuestión que chega a influír na propia forma de facer arquitectura.

Architecture on the web. A Critical Approach to Communication

Idiomas: inglés e italiano

Editado por Libreriauniversitaria.it, colección Nuovi Pensieri

Traducción o inglés: Nina Taranto

Ilustracións e imaxe de portada: Francesco Cibati

Colaboran: Ricardo Devesa, Jordi Guerrero, Shirish Beri, blauraum architekten, Esteban Suárez, Louise Cole, Alberto Campo Baeza, Julian Weyer, Cintya Concari, Benjamin Denef, Carlos Medellín, Giancarlo Mazzanti, Leonardo G. Militello, Hans Ibelings, Boris Ignatov, Angelo Maggi, Federica Minozzi, Luca Molinari, Jan Knikker, David Driscoll, Alexis Kraft, Mauricio Pezo, Sofia von Ellrichshausen, Ester Pirotta, Tom Vack, Marco Privato, Ken Schluchtmann, Space Intelligence Unit, Kuba Snopek, Margaux de Noiron e Yashar Hanstad.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: libros, publicacións

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,