AproximAciones 2014. Paisaxe e sustentabilidade na arquitectura contempránea suíza

O museo acollerá a partir do día 18 de setembro unha nova exposición que propón un achegamento á arquitectura Suíza, centrada na paisaxe e no desenvolvemento sustentable, en colaboración coa Embaixada de Suíza en España.

Elegancia, rigor, sobriedade, e perfección técnica son algunhas das cualidades asociadas de forma habitual á arquitectura suiza. Sin renunciar necesariamente a elas, é evidente que a complexidade e diversidade de situacións as que se enfronta a arquitectura contemporánea demanda novas aproximacións, novas maneiras de avaliar a beleza e utilidade das formas.

Esta exposición itinerante pon en relación a arquitectura Suíza con dous conceptos que van mais alá do obxecto construído e a súa posible perfección formal e técnica. Para iso reúne pezas procedentes de dúas mostras que chegan por primeira vez a España. Por unha banda, “Swiss Positions: 33 takes on sustainable approaches to building”, presenta a través de excelentes fotografías unha visión complexa da cuestión do desenvolvemento sostible, alonxada dos tópicos da arquitectura bioclimática, e, por outra, “The Swiss Touch in Landscape Arquitecture” que ofrece un percorrido pola tradición, a actualidade e o futuro da arquitectura da paisaxe no país helvético, campo de probas dalgunhas das máis interesantes investigación recentes.

Dúas visións complementarias, marcadas pola conciencia ecolóxica, que demostran unha vez máis a riqueza e capacidade de innovación da arquitectura suiza, fonte inagotable de inspiración a nivel mundial.

Con esta exposición o Museo de Belas Artes da Coruña continúa a súa aposta por manter na súa programación mostras dedicadas as diversas tendencias da arquitectura, neste caso en colaboración coa Escola de Arquitectura da Coruña e a Embaixada de Suiza en España.

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: conferencias, evento, exposiciones

Tags: , , , , , , , , , , , , ,