Antiarquitectura e Deconstrucción. O triunfo do Nihilismo

Nikos Salíngaros é un teórico da arquitectura; un dos poucos pensadores contemporáneos dos que se pode dicir tal cosa. Salíngaros construíu, con Christopher Alexander e outros colegas, unha teoría da arquitectura que acode a conceptos científicos para aclarar como son os edificios que os usuarios perciben como ámbitos agradables e ‘humanos’. Nikos ofrece unha crítica que tritura os principios ‘teóricos’ e o desenvolvemento material das obras da deconstrucción.

“Nesta serie de profundos e conmovedores ensaios críticos, Salíngaros e varios asociados próximos afirman que interpretamos a vida na arquitectura como o trasfondo da comunidade humana – a preparación para o noso lugar de vivenda… Un día, quizais Salíngaros será lectura obrigatoria para os arquitectos. Se iso pasa podería ser que xurda unha nova ortodoxia, na cal a humildade, a orde, e o espírito público – as virtudes que foron expulsadas da disciplina polos arquitectos estrelas – serán a norma.” — Roger Scruton.

“¿CCales son as ideas e os propósitos da elite arquitectónica actual? E como se podería explicar por que ideas erróneas teñen unha influencia tan poderosa en tanta xente? Este é un libro excelente e intenso, tan interesante para a súa análise en canto a psicoloxía e política como para a súa discusión no ámbito da arquitectura.” — Ray Sawhill.

“Este libro debera ser lido en toda institución relacionada co ensino da arquitectura, o plan e en xeral coa construción do ambiente así como por toda persoa que aspire a ser arquitecto.” — James Stevens Curl.

“Xusto rematei de ler este libro, que esperei por moito tempo. Paga a pena lelo, aínda se non necesitas convencerte de que o deconstructivismo é unha fraude. A revelación é a profundidade e a extensión da fraude.” — Andrés Duany.

“Hoxe hai algúns pensadores serios, tales como Christopher Alexander e Nikos A. Salíngaros, os que cren que nós estamos para – ou polo menos necesitamos ter – un paradigma maior que se traslade á arquitectura, para salvarnos. Desafortunadamente, os arquitectos en xeral non son moi letrados, xa que non len libros teóricos nin artigos críticos de tales pensadores. Eles principalmente miran ilustracións. ” — Paul H. Malo.

“Nada nos últimos anos pode superar o último traballo de Nikos Salíngaros, Antiarquitectura e Deconstrucción… un libro extraordinario. Nikos escribe críticas da orde máis alta da arquitectura. O seu talento radica na súa habilidade para construír dende o específico ao xeral, que é o oposto á tendencia dos teóricos académicos da arquitectura. A súa observación a Libeskind, a Tschumi, a Derrida, a Charles Jencks é definitiva. ” — Francis Morrone.

“Os libros de Nikos Salíngaros “Antiarquitectura e Deconstrucción”, “A teory of Architecture” (Unha teoría da Arquitectura) e “Principles of Urban Structure” (Os Principios da Estrutura Urbana) son tres textos fundamentais, entre os máis importantes dos últimos anos.” — Vilma Torselli.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: libros, publicacións

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , ,