White on White | Íñigo Manglano-Ovalle

Galería Soledad Lorenzo. Madrid. Ata o 20 de Febreiro de 2010
Dirty Bomb, 2008, é unha representación de Fatman, a sinistra bomba lanzada sobre Nagasaki en 1945. Construída con materiais extraídos de automóbiles deportivos, o seu resplandecente esmaltado branco foi puído e lustrado para despois ser ignominiosamente salpicado de lodo e a continuación limpado de novo amorosamente polo propio artista. DirtyBomb evoca, con gran dose de humor, os movementos estratéxicos de Manglano-Ovalle na súa instalación para Documenta XII, Phantom Truck, 2007. Phantom Truck é unha reprodución a escala real do laboratorio móbil de armas biolóxicas que presentase o anterior secretario de estado americano, Colin Powell, ao Consello de Seguridade da Nacións Unidas, como proba da produción activa e da posesión de armas de destrución masiva por parte do goberno iraquí. Traballando concienciudamente a partir das diapositivas de Powerpoint de Powell, Manglano-Ovalle construíu o laboratorio que resultaría ser, a posteriori, unha “construción falsa”, para despois ocultaro nun espazo escurecido. Dirty Bomb inviste o xesto do Real; mentres o camión era un obxecto falso fabricado para ser real e despois ocultado de novo, a bomba é un obxecto real presentado nunha versión convertida en fetiche. Porén, ambas as dúas pezas confirman o interese do artista polo dilema ético da estética. O artista argüe: “Que é belo e que é monstruoso? Ou están tan inextricablemente unidos que non podes distinguir o un do outro? Cando fago unha fermosa nube, o meu desexo é que os espectadores pensen nunha explosión nuclear”.

Dirty Bomb, 2008, é unha representación de Fatman, a sinistra bomba lanzada sobre Nagasaki en 1945. Construída con materiais extraídos de automóbiles deportivos, o seu resplandecente esmaltado branco foi puído e lustrado para despois ser ignominiosamente salpicado de lodo e a continuación limpado de novo amorosamente polo propio artista.

Dirty Bomb evoca, con gran dose de humor, os movementos estratéxicos de Manglano-Ovalle na súa instalación para Documenta XII, Phantom Truck, 2007. Phantom Truck é unha reprodución a escala real do laboratorio móbil de armas biolóxicas que presentase o anterior secretario de estado americano, Colin Powell, ao Consello de Seguridade da Nacións Unidas, como proba da produción activa e da posesión de armas de destrución masiva por parte do goberno iraquí. Traballando concienciudamente a partir das diapositivas de Powerpoint de Powell, Manglano-Ovalle construíu o laboratorio que resultaría ser, a posteriori, unha “construción falsa”, para despois ocultaro nun espazo escurecido. Dirty Bomb inviste o xesto do Real; mentres o camión era un obxecto falso fabricado para ser real e despois ocultado de novo, a bomba é un obxecto real presentado nunha versión convertida en fetiche. Porén, ambas as dúas pezas confirman o interese do artista polo dilema ético da estética. O artista argüe: “Que é belo e que é monstruoso? Ou están tan inextricablemente unidos que non podes distinguir o un do outro? Cando fago unha fermosa nube, o meu desexo é que os espectadores pensen nunha explosión nuclear”.

“Tent” é o desenvolvemento dun prototipo de refuxio realizado polo arquitecto Buckminster Fuller a finais dos 70 para unha expedición no ártico. A tenda, de estrutura xeodésica, chega ao espazo da galería como arrastrada polo vento, nunha posición inusual, dada a volta, perdendo deste xeito a súa entidade como obxecto funcional, o de tenda, e convertendose a través do espectador en algo máis cosmolóxica, unha esfera terrestre, o noso mundo, o que nos rodea. Está acompañada de seis fotografías da Serie Iceberg B15, 2010, realizadas a partir de imaxes e datos da NASA. Mostran unha parte da costa da Antártida nunha serie de imaxes tomadas desde 2001 ata 2005 en que podemos ver o desenvolvemento no tempo deste espazo concreto. A fotografía é o resultado do desenvolvemento especular, como un test de Rorscharch, da imaxe científica e convídanos a unha reflexión persoal e psicolóxica do ser humano a través do clima.AgendaÍÑIGO MANGLANO-OVALLE. White on White.3 de Febreiro de 2010ÍÑIGO MANGLANO-OVALLE. White on White. Galería Soledad Lorenzo. Madrid. Ata o 20 de Febreiro de 2010
Dirty Bomb, 2008, é unha representación de Fatman, a sinistra bomba lanzada sobre Nagasaki en 1945. Construída con materiais extraídos de automóbiles deportivos, o seu resplandecente esmaltado branco foi puído e lustrado para despois ser ignominiosamente salpicado de lodo e a […]Escrito por admin
tectonica.es ÍÑIGO MANGLANO-OVALLE. White on White. Galería Soledad Lorenzo. Madrid. Ata o 20 de Febreiro de 2010

Dirty Bomb, 2008, é unha representación de Fatman, a sinistra bomba lanzada sobre Nagasaki en 1945. Construída con materiais extraídos de automóbiles deportivos, o seu resplandecente esmaltado branco foi puído e lustrado para despois ser ignominiosamente salpicado de lodo e a continuación limpado de novo amorosamente polo propio artista.
Dirty Bomb evoca, con gran dose de humor, os movementos estratéxicos de Manglano-Ovalle na súa instalación para Documenta XII, Phantom Truck, 2007. Phantom Truck é unha reprodución a escala real do laboratorio móbil de armas biolóxicas que presentase o anterior secretario de estado americano, Colin Powell, ao Consello de Seguridade da Nacións Unidas, como proba da produción activa e da posesión de armas de destrución masiva por parte do goberno iraquí. Traballando concienciudamente a partir das diapositivas de Powerpoint de Powell, Manglano-Ovalle construíu o laboratorio que resultaría ser, a posteriori, unha “construción falsa”, para despois ocultaro nun espazo escurecido. Dirty Bomb inviste o xesto do Real; mentres o camión era un obxecto falso fabricado para ser real e despois ocultado de novo, a bomba é un obxecto real presentado nunha versión convertida en fetiche. Porén, ambas as dúas pezas confirman o interese do artista polo dilema ético da estética. O artista argüe: “Que é belo e que é monstruoso? Ou están tan inextricablemente unidos que non podes distinguir o un do outro? Cando fago unha fermosa nube, o meu desexo é que os espectadores pensen nunha explosión nuclear”.

“Tent” é o desenvolvemento dun prototipo de refuxio realizado polo arquitecto Buckminster Fuller a finais dos 70 para unha expedición no ártico. A tenda, de estrutura xeodésica, chega ao espazo da galería como arrastrada polo vento, nunha posición inusual, dada a volta, perdendo deste xeito a súa entidade como obxecto funcional, o de tenda, e convertendose a través do espectador en algo máis cosmolóxica, unha esfera terrestre, o noso mundo, o que nos rodea. Está acompañada de seis fotografías da Serie Iceberg B15, 2010, realizadas a partir de imaxes e datos da NASA. Mostran unha parte da costa da Antártida nunha serie de imaxes tomadas desde 2001 ata 2005 en que podemos ver o desenvolvemento no tempo deste espazo concreto. A fotografía é o resultado do desenvolvemento especular, como un test de Rorscharch, da imaxe científica e convídanos a unha reflexión persoal e psicolóxica do ser humano a través do clima.

+ www.soledadlorenzo.com

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento

Tags: , ,