Vivienda unifamiliar en Boiro | RVR Arquitectos

A parcela na que se constrúe a vivenda atópase nunha zona rural do concello de Boiro, orientada cara á ría de Arousa. É unha área ocupada por pequenas parcelas dedicadas á agricultura familiar e por edificacións, na súa maioría vivendas, que se han ir dispondo ao longo do tempo sobre as vías de comunicación.

01_boiro

Son dous os elementos sobre os que opera o proxecto e obedecen a cuestións de escala e relación entre a casa, o lugar e o uso.

O primeiro incumbe á posición territorial da casa, fóra do núcleo urbano, que vai obrigar a que os desprazamentos dos seus habitantes sexan fundamentalmente en coche- unha especie de vestíbulo móbil para a casa-.

O segundo aspecto, trata da posición topográfica da parcela respecto da vía pública: o nivel do terreo está a unha cota máis alta que a rasante do seu acceso público. Á casa interésalle a cota do terreo, é aí onde pode atopar mellor disposición para beneficiarse da luz e a paisaxe.

Ao coche en cambio interésalle máis a cota da rúa pois aí ten o nivel gañado para unha maior facilidade de manobra. Sobre ese conflito de interese, o do coche e o da casa, é sobre o que traballou o proxecto.

Sacámoslle ao terreo o espazo necesario para o coche a cambio de que este o comparta coa casa. Cortamos a parcela coma se fose unha torta, atrasando a posición da casa do linde da rúa, creando así un patio de acceso á cota da rúa, espazo de transición entre a rúa e a casa, lugar de manobra para o coche pero tamén lugar de actividade e xogo para a casa, un recinto limitado pola contención de grandes pezas de granito, que se prolonga baixo o corpo da casa para protexer ao coche e ser á vez o limiar de entrada á casa.

A casa elévase sobre ese patio de entrada e a súa forma é intencionadamente simple, case esquemática, unha única peza de planta rectangular con tellado a dúas augas, unha peza compacta e económica que nesa sinxeleza quere atopar tamén a súa singularidade, a súa potencia.

obra:vivenda unifamiliar

autor: rvr arquitectos. Alberto Redondo, José Valladares e Marcial Rodríguez

aparellador: Carmen Lousame López

construtor: Construcións Ruba3

ano: 2008-2009

emprazamento: San Martiño,Abanqueiro. Boiro

fotografas: rvr

+ www.rvr-arquitectos.es

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, obras, vivienda unifamiliar

Tags: , , , , , , , ,