Vertixe Sonora Ensemble e trasPediante DANZA

O próximo 2 de Outubro ás 20,30 horas, iniciamos a tempada do Espazo SIRVENT, co Concerto Inaugural do Festival vertixeVIGO’13. Que interpretarán, Vertixe Sonora Ensemble e trasPediante DANZA. Esperámosvos nesta nova singradura.

Ao final, como xa é costume, gozaremos dun aperitivo no Ambigú SIRVENT.

O festival vertixeVIGO ‘13, unha iniciativa de Vertixe Sonora Ensemble e o Instituto Galego de Sonoloxía en colaboración con musicadhoy, achéganos a obra da compositora rusa Mariña Poleukhina da que poderemos escoitar and add to the neon elk a pinch of tarragon (e engade ao neón alce unha pizca de estragón) para flauta de pico, guitarra, bailarina e luz de neón, unha proposta que, aúna luz, danza e son e será interpretada por Vertixe Sonora Ensemble e trasPediante DANZA. A actuación verase precedida pola intervención do director artístico de vertixeVIGO ´13, o tamén compositor Ramón Souto que realizará unha breve presentación desta edición.

Desde un universo sonoro moi próximo á improvisación libre e o surrealismo —non en balde a compositora fundou no 2011 o ensemble [t] to Kirill Shirokov, colectivo que integra a poetas, compositores e improvisadores da escena vanguardista na capital rusa— a obra constrúe unha poética sumamente orixinal e de gran poder evocador. A partir de elementos mínimos amplificados a través de pequenos altofalantes portátiles, dous intérpretes combinan os sons que producen a voz, unha flauta de pico, unha guitarra acústica, un triángulo e juguetes infantís como os nano hex bugs, especie de insectos robóticos ou ata molinetes mecánicos, para organizar un discurso musical cargado de referencias simbólicas e plagado de sutilezas. A bailarina Begoña Cuquejo de trasPediante DANZA completa esta proposta propoñéndonos unha sutil coreografía activada por esa luz de neón alce á que alude o título da peza.

Espazo SIRVENT, inicia o seu programación no 2013 sumándose a unha iniciativa que albergará concertos por toda a cidade e que tamén inclúe a posibilidade de bucear nos contextos que fundamentan a creación musical contemporánea a través da participación nas múltiples actividades de formación e dinamización deseñadas.

Colexios de primaria, colectivos artísticos, a Universidade, o MARCO, escolas de música, galerías de arte, librerías e o propio Espazo SIRVENT comparten en vertixeVIGO un esforzo por crear un organismo cultural activo que proxecta a diversidad de propostas que no ámbito da música contemporánea podemos atopar hoxe en día, serve de plataforma para as novas formas de expresión da música do noso tempo e dá a coñecer a algúns dos máis importantes creadores da actualidade.

Promovido polo Concello de Vigo e organizado e producido por musicadhoy, vertixeVigo ´13 tece unha rede de colaboracións internacionais que converten a cidade nun escenario musical global, nunha caixa acústica en permanente resonancia na que se sucederán os concertos, os cursos de achegamento á música contemporánea, os talleres de música electrónica e improvisación sonora para transformala nos meses de outubro e novembro nunha das capitais da vanguardia musical europea.

Creado no 2010, o Instituto Galego de Sonoloxía preséntase como unha plataforma para a experimentación sonora con vocación de desenvolver proxectos interdisciplinares e promocionar colaboracións internacionais que aúnen arte e novos medios e que participen activamente nun desenvolvemento racional e significativo da tecnoloxía do futuro. Pola súa banda Vertixe Sonora Ensemble, converteuse en moi poucos anos nun dos grandes referentes da música de vanguardia do noso país, un dos colectivos máis destacados na súa decidida aposta pola música contemporánea e polo diálogo e a confluencia entre a música e as artes.

Así, con música e danza, daremos inicio, un ano máis, a unha tempada cuxa programación —estamos seguros— vos deparará moi gratas sorpresas.

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: convocatorias, evento, exposiciones

Tags: , , , , , , ,