Tercer Premio Internacional ACXT IDOM 2009

Xa se coñecen os resultados finais do Terceiro Premio Internacional ACXT IDOM para Proxectos Fin de Carreira, na súa edición 2008-2009. En total, recibíronse 323 proxectos, dos que 4 desenvolvíanse en Asia, 11 en Africa, 11 en América do Norte, 38 América Central e do Sur, e 259 en Europa. O xurado tras as deliberacións oportunas, e diferentes fases de selección elixiu 3 gañadores e 6 finalistas.

por premioacxtidompfc.wordpress.com

Os 3 gañadores foron:
– Co lema AF0002, o proxecto 9 Estratexias para a habitabilidade básica na comunidade rural de Kivi (Ghana), de Beltrán Presas Jovaloyes; da ETSAM, titor: Carlos Puente.
– Co lema AN0009, o proxecto Dispositivo Residencial no Campus do IIT de Chicago, de Carles Sala Roig, da ETSAB, titor: Alfons Soldevila Barbosa.
– Co lema EU0057, o proxecto Centro de Artes Escénicas e Teatro nas canteiras de Pedreres de S´Hostal, Menorca, de Ana Amo Ardura, da, EPS.USPCEUtitor: María Auxiliadora Galvez Pérez.

Doutra banda, os 6 proxectos que foron Finalistas son: co lema AN0010: South Street Seaport Rehab, de Diego Ceresuela Wiesmann, da ETSAM, titor: Rafael Torrelo; co lema EU0039: www.laboratoriodevivienda.es. , de Marta Catalán, da ETSAM, titora: Izaskun Chinchilla; co lema EU0106: Escola de Teatro e Residencia, de María Paz Zapico Carrasco, da ETSAM, titor: Antonio Ruiz Barbarín; co lema EU0110: Centro de Estudos do Río Tajo en Almada, de Juan Enríquez Lage, da ETSAM, titores: Begoña Diaz-Urgorri e Mariano Bayón; co lema EU0177: Recuperación das Fortificacións do Monte Urgull para a ampliación do Museo de San Telmo, de Matilde González Asteinza, da ETSAM, titor: Pedro Herrero Pinto; e co lema EU0226: Infraestruturas dosmesticables, de Nicholas Szczepaniak, da Westminster School of Architecture, titores: Susanne Isa, Sacha Leoa e Markus Seifermann.

O xurado desta edición estivo formado por Luis Fernández Galiano, Jordi Badia, Fernando de Mello Franco, Ana Morón Hernández, Galo Zayas Caravajal, Manuel Andrades Castro, Jon Zubiaurre Sasia, e como secretario Javier Pérez Uribarri.

Este Premio Internacional está convocado por ACXT Arquitectos (www.acxt.net) e IDOM Enxeñaría (www.idom.com), e ten unha dotación económica de tres premios de 5.000 € cada un, ademais dun Diploma aceditativo. Os gañadores terán tamén a oportunidade de realizar unha bolsa de prácticas nalgunha das oficinas de ACXT-IDOM.

premioacxtidompfc

+ www.acxt.net

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, premios

Tags: , , , , , ,