Smartify


smartify

Smartify é unha app que nace co obxectivo de vincular a arte a visitantes e museos de todo o mundo, ofrecendo a posibilidade de coñecer datos sobre a obra como autor, dimensións, vídeos relacionados, en definitiva coñecer a súa historia, segundo explican os seus creadores, Thanos Kokkiniotis, Anna Lowe, Ron Vrijmoet e Nick Mueller.

O funcionamento da app reside no algoritmo encargado de rexistrar cada cadro, cartón ou fotografía onde aparece unha obra de arte; xa que a aplicación é capaz de recoñecer a obra tanto en soportes físicos como en liña.

Smartify toma unha mostra da obra en cuestión e envíaa aos servidores que procesan a imaxe e deciden de que obxecto ou pintura trátase.”

Outra das particularidades desta app é que utiliza a realidade aumentada e un proceso de machine learning, é dicir, a identificación non se realiza buscando nunha base de datos, senón comparando entre toda a información existente e determinando o mellor resultado.

Para integrar as miles de obras dos principais museos do mundo na app, os creadores de Smartify contaron coa axuda de especialistas e socios do Louvre, o British Museum ou o MOMA de Nova York. A nómina de entidades colaboradores da aplicación foi aumentando e xa con museos como o Lagoa Art Museum de California, o Cartoon Museum de Londres e dúas feiras de arte (Sluice e Accesible Art Fair).

“Unha vez detectada a obra o sistema ofrece ao usuario información relacionada, incluíndo críticas e comentarios, historia, vídeos ou información biográfica sobre o autor”

Smartify xa pode descargarse dende Google Play y la App Store.

https://www.youtube.com/watch?v=v8qwQrzRpuo

veredes
veredes Administrator
Surge enero de 2009 como búsqueda de satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio. Además de ofrecer la inmediatez de las noticias, se puede buscar información a través de distintas clasificaciones.
follow me

Arquivado en: aparello

Tags: , , , , , , ,