SICO 2010


O Salón Internacional da Construción de Galicia, SICO, que se celebrará en Vigo do 18 ao 21 de marzo de 2010, preséntase como o revulsivo para plantar cara á freada que vive o sector desde fai dous anos. O certame, que servirá como punto de partida para a recuperación da industria da construción, apostará este ano pola innovación, a rehabilitación e a sostibilidade como conceptos clave para saír da crise. Durante catro días, Vigo converterase no referente nacional para empresarios, asociacións e institucións relacionadas co sector da construción, que en Galicia representa preto do 13% do PIB e xera máis do 11% do emprego asalariado. Na terceira edición de SICO daranse cita preto de 200 expositores, que representan a máis de 1.000 sinaturas nacionais e internacionais, nunha superficie de 20.000 metros cadrados. O certame, promovido pola Asociación Provincial de Promotores Inmobiliarios de Pontevedra (Aproin), está co-organizado polas empresas Planner & Proceltha e Mostrao, e conta co patrocinio de diversas asociacións e institucións. En palabras de Rubén López, presidente de Planner & Proceltha, “SICO é para nós e o noso socio Mostrao un dos grandes eventos do calendario feiral galego” e engade que “pese ao escenario actual de crise cómpre que este salón, cuxos eixes temáticos serán a sostibilidade e o medio ambiente, convértase nun punto de partida para reactivar un dos sectores estratéxicos da economía galega, e así a innovación e a arquitectura sostible serán os novos eixes que marcarán tendencia no sector da construción “.

O salón contará coa colaboración da Xunta de Galicia, Concello de Vigo, colexios profesionais, asociacións empresariais, organismos e institucións como a Cámara de Comercio de Vigo, a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e de Pontevedra (CEP), o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), entre outros. SICO consolidou o seu posicionamento como o primeiro salón de Galicia no seu ámbito e sitúase entre as feiras máis importantes de España. A organización prevé a asistencia de máis de 5.000 profesionais e 25.000 persoas. Arquitectos, aparelladores, decoradores, construtores, promotores inmobiliarios e outros profesionais do sector terán a oportunidade de coñecer as últimas novidades en informática e domótica aplicada á construción, maquinaria e equipos, cerramentos, illamentos térmicos e acústicos, materiais, sistemas de elevación e transporte, entre outras. Tras a posta en marcha do Código Técnico da Edificación (CTE) modificáronse gran parte dos sistemas construtivos do noso país para mellorar a calidade de vida nos fogares e introducíronse innovacións tecnolóxicas, especialmente en materia de aproveitamento de enerxías alternativas para contribuír ao respecto do medio ambiente e a sostibilidade. Así, esta edición de SICO terá como protagonistas conceptos como a rehabilitación, o aforro enerxético e as novas tecnoloxías vinculadas ao fogar.

Plataforma de reflexión
Ademais de ser o gran escaparate da construción de Galicia, coa presentación de numerosas novidades e produtos, SICO vai ser tamén un gran centro de debate e reflexión arredor das diversas cuestións que afectan ao sector inmobiliario e á construción nacional. Por iso organizarase un programa de xornadas técnicas para que os profesionais poidan profundar en temas como a nova normativa sobre o ruído incluída no Código Técnico da Edificación, a lexislación urbanística ou as novas tecnoloxías. Durante a feira, Aproin organizará o primeiro Congreso Internacional da Vivenda de Galicia e a rexión transfronteiriza con Portugal no que se tratarán temas como a vivenda nova, libre e protexida, a rehabilitación, con especial atención ao aforro enerxético e a sostibilidade, a propiedade, o aluguer, a promoción e xestión de cooperativas e o financiamento, entre outros asuntos. Ademais, a Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Pontevedra (APEC) e diversas empresas expositoras presentes no certame organizarán conferencias e xornadas técnicas no transcurso do salón. Segundo o presidente da Federación de Promotores Inmobiliarios de Galicia (Feproga), Javier Garrido Valenzuela, “a construción é un dos sectores máis destacados de Galicia en termos de emprego e achega ao PIB. A celebración do salón e as xornadas técnicas servirá para reflectir, potenciar e pór en valor a importancia que ten esta industria na economía galega”.

O representante dos promotores galegos augura unha recuperación á alza do sector a partir do segundo trimestre do ano, vinculada directamente á evolución da conxuntura económica. “É fundamental reactivar canto antes a demanda estabilizada de vivendas, é dicir, a suma das vivendas de emancipación e de reposición que se pon no mercado de forma anual. Actualmente, a demanda é de 1.000 inmobles por cada 100.000 habitantes, que no caso de Galicia suporían un total de 20.000 vivendas”.Javier Garrido considera que para superar a crise de confianza que hai entre os consumidores, con medo a investir na compra de inmobles, “é necesaria a colaboración e a implicación das distintas Administracións públicas e do sector financeiro para reactivar canto antes as vendas”.

+ www.feriadelaconstruccion.es

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, ferias

Tags: ,