Reurbanización San Clemente | Abalo Alonso Arquitectos

A praza de San Clemente encóntrase no ámbito inmediato da Catedral. Unha rampla construída a mediados do século pasado, cun trasformador eléctrico soterrado, partía en dous o espazo público.

Por un lado funcionaba como vial pero por outro encaixaba un espazo inútil como estanza que acabou converténdose nun caótico aparcadoiro.

O traslado do muro de contención convértese na clave da actuación. Ao tempo que tensiona a actuación; a súa inclinación rebaixa a súa presenza.

A súa nova situación permítenos gañar visibilidade e a aparición dunhas escaleiras de conexión máis cómodas e acordes co ámbito.

Procedeuse así mesmo a unha renovación exhaustiva de todo tipo de infraestruturas eléctricas, saneamento, gas, telefonía… Y incorporáronse os restos arqueolóxicos descubertos durante as obras.

A complexidade dos límites lévanos a elixir un despezamento de pavimento relativamente neutro, bandas de granito moreno que confinan lastra negra. O muro inclinado resólvese co mesmo sistema, sempre na busca de rebaixar a súa presenza.

A rampla redúcese a un carril de tráfico, de suba, o que elimina a necesidade de xiro no encontro inferior. Ao manterse pegado ao aparcadoiro serve tamén de acceso e saída deste. A circulación no resto da actuación limítase a veciños e vehículos de emerxencia.

Catro báculos de gran porte, aínda que coas luminarias baixas, ordenan a zona central. Pequenos apliques de parede proporcionan luz rasante á rampla. Os farois tradicionais consérvanse en diálogo coas novas, aplicando conceptos xa coñecidos en rehabilitación, de coexistencia de materiais novos e vellos, neste caso á luz.

A proposta intégrase sen solución de continuidade co tecido adxacente. O lousado de granito de reutilización en espiña de peixe da rúa superior, avanza introducíndose na rampla. A escalinata sur transfórmase en bancadas que penetran na rúa Raxoi.

A canle de pluviais de Trinidade marca o cambio de pendente no seu encontro coa praza, as beirarrúas que baixan da rúa San Clemente remátanse respectivamente no patín da última casa ou no soportal do aparcadoiro cuberto.

Catro árbores, situados estratexicamente entre o enxame de infraestruturas soterradas, completan a actuación, en diálogo cos existentes.

En definitiva, dilúense o límites da actuación; trátase o espazo público como un continuo na cidade.

Obra: Reurbanización San Clemente
Situación: Santiago de Compostela, España.
Datas de redacción: Proxecto 2009, fin de obra 2011.
Autores do proxecto: abalo alonso arquitectos. [Elizabeth Abalo+ Gonzalo Alonso]
Colaboradores: Berta Peleteiro, Kiko Mejuto, Jesús Garabal, arquitectos.
Instalacións: Salgado e Liñares arquitectos enxeñeiros. Miguel Raposo, inxeñeiro.
Estructura: Carlos Bóveda, arquitecto.
Arquitecto técnico: Francisco González Varela
Control de calidade: Euroconsult.
Memoria histórica: María López Cordeiro
Arqueoloxía: Akme. Alejandro Parga, arqueólogo.
Promotor: Concello de Santiago. OCHiR. Javier Fernández, arquitecto municipal xefe de servicio. Ángeles Santos, arquitecta.
Xestión: c2 arquitectos, Inous ingeniería.
Empresa constructora: San Clemente: Jesús Martínez. Xefes de obra: Rosa Martínez, José Mª Núñez
Presupuesto total: 1.335.509,37 €
Superficie construida: 2.853 m2
Fotografía: Héctor Santos-Díez | BISimages
Fotografía aérea: Concello de Santiago
+ abaloalonso.es

Publicación
· Reurbanización do espazo público de San Clemente en Santiago de Compostela. abalo alonso arquitectos.
Fotografías: Héctor Santos-Díez
Deseño e edición: desescribir

veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, espacio publico, intervención urbana, obras

Tags: , , , , , , ,