Premio Juana de Vega de Arquitectura 2013 · CREUSeCARRASCO

A sede da Fundación Juana de Vega acolleu o pasado 30 de outubro o acto de lectura do fallo e entrega da décima edición do Premio Juana de Vega de Arquitectura 2013. Nel prémiase a mellor vivenda unifamiliar, tanto rehabilitación como de nova planta, construída en Galicia no ano natural anterior á convocatoria. O xurado concedeu o Premio Juana de Vega de Arquitectura á vivenda situada en Redonda (Corcubión) dos arquitectos Juan Creus e Covadonga Carrasco. Os accésits foron concedidos a dúas vivendas. A primeira delas está situada na Urbanización Pazo de Ramirás, 61 (Ourense) do arquitecto Quico Jorreto. O outro accésit foi para unha casa no lugar de Portanova, Coeses (Lugo) do arquitecto Emilio Rodríguez. O xurado quixo destacar ademais como obras de interese especial unha vivenda unifamiliar na Ribeiriña (Pobra do Caramiñal) do arquitecto Iñaki Leite. e unha casa en Tebra (Tomiño) dos arquitectos Guadalupe Piñera e Jesús Irisarri.

Producción: Fundación Juana de Vega
Dirección e guión: lasonceymedia e veredes
Dirección de fotografía: Carlos Álvarez
Montaxe: Marcos Flórez
Voz: Natalia Rodríguez Winchurch
Música: Kevin Macleod
Storyboard: Borja López Cotelo

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: tv

Tags: , , , , , , , , , , , , ,