Premio Juana de Vega de Arquitectura 2011. Antonio Pernas

Antonio Pernas foi galardoado hoxe co Premio «Juana de Veiga» de Arquitectura por unha vivenda deseñada en Aldea de Arriba (Bergondo), na Coruña, da que o xurado valorou o seu compacto deseño e alta eficiencia enerxética.

Casa en Aldea de Arriba[pernasvarela arquitectos]

O accésit foron para Óscar e Iván Andrés Quintela (Arrokabe Arquitectos) por unha obra nas proximidades de Lavacolla (Sabugueira do Carballal), e Pablo Menéndez por unha construción en Caeira (Pontevedra). Tamén se concedeu unha mención especial como finalista destacada á obra de rehabilitación de Estefanía Vázquez Müller e Roi Feijoo Rei no centro histórico de Ourense.

A sede da Fundación «Juana de Veiga» acolleu hoxe o acto de lectura do fallo e entrega dos premios, cos que se recoñece o labor dos profesionais que, cos seus proxectos, contribúen á mellora da calidade de vida no medio rural galego con propostas contemporáneas que se integran no contorno natural adaptándose á calidade paisaxística de cada zona.

Do proxecto gañador o xurado destacou a distribución ben organizada con alternativas de mobilidade exterior e interior e o bo criterio no emprego dos materiais (madeira, laxas de formigón prefabricadas e aceiro galvanizado), e valora que contribúen a unha «armoniosa relación entre a casa e o xardín».

+ artigo publicado en la voz de galicia

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, premios

Tags: , , , , , , , , ,