Necrópole | Antonio S. Río Vázquez

Interior do barrio alemán en Dugway | Fotografía: Joe C. Freeman | loc.gov

Existen maquetas de arquitectura, ensaios previos á construción final onde se concretan, aportando material e tempo, os términos que permitirán resolver de modo máis adecuado o proxecto. Pero tamén existen maquetas anatómicas, cartográficas, lúdicas… que representan ou serven á vida a escala.

Arthur Nersesian, na súa novela Staten Island, preséntanos un tipo de maqueta moi distinta: Uli, o protagonista, espértase no medio dunha cidade incivilizada e perigosa, que vai percorrendo ata descubrir que se trata dunha inmensa reprodución de Nova York emplazada no corazón do deserto de Nevada. Trátase da maqueta convertida en experimento, en laboratorio habitable.

Do mesmo xeito que esa versión da Gran Mazá, existen maquetas realizadas con fins militares, como decorados de cine proxectados para ser utilizados por actores reais. Unha aldea pola Brigada de Infantería Lixeira en Salcedo, próxima a Pontevedra, imita un poboado afgano a escala 1:1, coas súas rúas, casas e mezquitas. Unha réplica pantasma, habitada temporal e teatralmente polos vivos e os posibles mortos.

Aínda que os lugares para simulaciones bélicas son cada vez máis abundantes e máis «auténticos» nos mundos virtuales, a súa presenza no mundo real constitúe un dos exemplos máis singulares de maquetas, a medio camiño entre a escenografía e a necrópoles.

Entre todas elas destacan dun modo especial os barrios alemáns e xaponés construidos en 1943 polo exército dos Estados Unidos dentro do Dugway Proving Ground, no deserto de Utah. O exército reclutou en segredo o arquitecto exiliado Erich Mendelsohn, quén planificou unha cidade cuio destino final era —inevitablemente— ser destruida.

A maqueta tivo a precisión do modelo real: os mesmos escenógrafos da época dourada de Hollywood definiron os interiores ata o punto de igualar o lino alemán das cortinas ou de duplicar os mobles que se empleaban habitualmente como dote matrimonial nas casas do proletariado berlinés.

Mendelsohn preocupouse de que as madeiras empregadas replicasen o envejecimiento e as calidades específicas das vellas construcións da súa terra natal. Só así podían verificar o comportamento adecuado ao incendialas. O realismo levouse ao nivel de regar os obxectivos regularmente para simular a choiva prusiana no seco e árido clima de Utah.

Paralelamente, Antonin Raymond —discípulo de Frank Lloyd Wright— traballou no deseño do barrio xaponés, valéndose da súa experiencia como coñecedor da arquitectura de Xapón, país no que vivira antes da guerra. Pero aquí non se trataba de aplicar os seus coñecementos como constructor, si non como destructor. Como recordaba nas súas memorias «As partes eran logo armadas no Proving Ground e sometidas a bombardeo. Inmediatamente logo de ser destruídas, levantábanse outras novas, ata que o resultado fose satisfactorio». Eran edificios completamente reais, amueblados con todos os elementos típicos da casa xaponesa, aínda que proxectados para os que ían morrer.

A historia destas e outras necrópoles modernas está magníficamente contada no libro de Mike Davis Ciudades Mortas. Ecoloxía, catástrofe e revolta. Davis relata como todo o complejo de Utah foi dinamitado con thermite e napalm, e reconstruído completamente polo menos tres veces entre maio e setembro de 1943. A maqueta e a arquitectura convertéronse en ferramentas perfectas para a guerra ou, quizá, é que sempre o foron.

antonio s. río vázquez . arquitecto
a coruña. xaneiro de 2013

Antonio S. Río Vázquez

Antonio S. Río Vázquez (A Coruña, 1981) es arquitecto por la E.T.S.A. de A Coruña, master en Urbanismo y doctor por la Universidade da Coruña. Especializado en teoría y diseño, su línea de trabajo se ha centrado en la investigación y divulgación del patrimonio arquitectónico moderno. Ha desarrollado proyectos de modo independiente y ha colaborado con varios estudios de arquitectura. Es socio fundador de Aroe Arquitectura. Es profesor en el Departamento de Proyectos Arquitectónicos, Urbanismo y Composición de la Universidade da Coruña, y ha sido profesor invitado en la Robert Gordon University de Aberdeen (Reino Unido), en la Universidade do Minho (Portugal) y en la Università degli Studi di Roma La Sapienza (Italia). Es miembro de la red UEDXX Urbanism of European Dictatorships during the XXth Century, del Grupo de Investigación en Historia de la Arquitectura IALA y del Grupo de Innovación Educativa en Historia de la Arquitectura. Ha formado parte del proyecto de investigación FAME Fotografía y Arquitectura Moderna en España, 1925-1965. Los resultados de sus investigaciones, tanto personales como conjuntas, han servido como aportación a eventos de debate y difusión científica y han sido publicados en libros y revistas.

follow me

Arquivado en: Antonio S. Río Vázquez, artigos

Tags: , , , , , , , , , , , ,