Materia e Luz. Josep Ferrando

“MATERIA Y LUZ” do 12 de xullo ao 21 de agosto. Coa inauguración este mes de xullo da mostra “Materia e Luz” na prestixiosa Galería Aedes de Berlín, Josep Ferrando consolídase como un dos arquitectos novos con maior proxección internacional do noso país.

Josep Ferrando, un dos arquitectos novos con máis proxección internacional do momento, foi invitado a expoñer os seus proxectos en Aedes-Berlín, a galería de arquitectura máis prestixiosa de Europa. “Materia e Luz” é unha mostra concibida como un proxecto en si mesmo, onde se expoñerán diferentes proxectos arquitectónicos representados cun debuxo, como representación da luz e cunha peza escultórica, como representación da materia.

Ferrando, para quen esta mostra que estará vixente do 12 de xullo ao 21 de agosto é complementaria a “In Progress Matter and Light”, -exhibición do arquitecto catalán que actualmente acolle o Palazzo Bembo no marco da 14ª de Bienal de Arquitectura de Venecia-,

“O fundamental na obra arquitectónica non só é a obra construída senón tamén o proceso”.

Mostrar e poñer en valor os instrumentos do arquitecto a través do proceso de elaboración dos proxectos, é o obxectivo común de ambas as dúas propostas.

En “Materia e Luz”, o debuxo como representación atmosférica do plano é o recurso utilizado para mostrar como reacciona o edificio á luz mentres que, a materialidade do edifico é representada a través da expresividade de pezas escultóricas realizadas nun só material: formigón, vidro, cerámica, madeira, metal e pedra. En concreto, 6 materiais e un total de 12 maquetas para representar 12 proxectos de Josep Ferrando, quen quixo acompañarse para a súa produción de industriais líderes no sector como: Cricursa, Breinco, Cosentino, Pidemunt, Room e Cumella. Firmas ás que se sumou a empresa de iluminación Lamp e coas que o arquitecto estableceu unha colaboración fundamentada en criterios de calidade, rigor e innovación co firme convencemento de favorecer o posicionamento internacional da súa profesionalidade e solvencia.

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, exposiciones

Tags: , , , , , , ,