Making of BCN RE.SET

A mostra dá a coñecer todo o proceso de creación do proxecto BCN RE.SET, un circuíto de arquitectura efémera que se pode encontrar nalgúns espazos emblemáticos públicos de Barcelona ata o 11 de setembro do 2014.

Barcelona, 20 xuño do 2014. As rúas de Barcelona acollen estes meses o BCN RE.SET, un circuíto urbano con diferentes intervencións artísticas e arquitectónicas polo distrito de Ciutat Vella e que está comisariado pola arquitecta Benedetta Tagliabue e o director de escena Àlex Ollé. Este proxecto, organizado por l’Ajuntament de Barcelona (ICUB) e a Fundació Enric Miralles, inclúese dentro dos actos de conmemoración do Tricentenari BCN.

O proxecto BCN RE.SET é un proxecto educativo e de colaboración onde o proceso é igual de importante que o resultado final. Por este motivo, a exposición ‘Making of BCN RE.SET’, que acolle a Fundació Enric Miralles ata o próximo 10 de decembro, ten como obxectivo exhibir o público todo o proceso de traballo das escolas, colectivos e colaboradores que participaron ao longo de todo o proceso de creación do proxecto BCN RE.SET así como o desenvolvemento do deseño e a construción de cada instalación cos arquitectos internacionais que participaron.

No proxecto BCN RE.SET participaron a Escola d’Arquitecturas La salle Campus Barcelona (URL), Institut d’Arquitectura Avançada de Catalunya (IAAC), Escola Tècnica Superior d’Arquitectura (ESARQ – UIC), ELISAVA (UPF); os arquitectos internacionais Odile Decq (Francia), Peter Cook e Yael Reisner (Reino Unido), Grafton Architects (Irlanda), Alfredo Brillembourg e Hubert Klumpner de ETH Zürich & Urban- Think Tank (Suíza/Venezuela), Anupama Kundoo (Índia) e Xiadou Liu, Yan Meng e Hui Wang de Urbanus (China) e os colectivos de arquitectura Receitas Colectivas e Straddle3.

A exposición forma parte do mesmo circuíto urbano e pódese visitar ata o próximo mércores 10 de decembro do 2014.

Exposición “Making of BCN RE.SET”

Ata o 10 de decembro do 2014

Fundació Enric Miralles

Passatge de la Pau 10, bis

08002 Barcelona

Horario: de luns a venres, de 10 a 13.30 h e de 16 a 19h; sábados de 10 a 13.30h

Entrada: 3 €

Tel. +34 93 624 17 02

www.fundacioenricmiralles.com

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, exposiciones

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , ,