As mujellres e as cidades

O grupo Lafarge e o COAM presentan o próximo mércores, 4 de marzo de 2015, o informe “Women and cities” (As mulleres e as cidades) realizado en 5 cidades europeas e no que se dá a coñecer os aspectos máis valorados polas mulleres que viven en Madrid, Cracovia, Marsella, París e Varsovia. ¿Como concilian a vida profesional e a persoal nas grandes aglomeracións?; ¿Como se senten?; ¿Que vantaxes lle ven a vivir na cidade fronte á vida no campo?, son algunhas das cuestións que se lle preguntaron a máis de 3000 persoas destas cinco cidades.

Na mesa redonda que terá lugar a continuación, debaterase a percepción que mulleres e homes teñen sobre as posibilidades de desenvolvemento da cidade e que elementos contribúen a que esta sexa a cidade dos seus sonos. Coñeceremos a súa opinión sobre o estrés, as oportunidades profesionais, o ocio, a calidade e o custo da vivenda, a contaminación, a seguridade e o ruído.

Participantes do acto:

– Laura Baena, presidenta de malasmadres.

– Carlos Hernando, sociólogo.

– Estefanía Alcarazo, arquitecta de LAFARGE.

– Aurora Adalid, arquitecta.

– Laura Villaescusa, directora de comunicación e RRII de LAFARGE.

Moderador: Manuel Leira, arquitecto.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: conferencias, evento

Tags: , , , , , , , , , , , , ,