A guía das rutas incertas · Clara Nubiola

Cada luns, Clara Nubiola recibe unhas coordenadas por parte de Bside books. Un punto de saída desde o que empezar a camiñar e deambular xerando unha boligrafía de Barcelona con 0,25 mm de tinta. Cada miercoles Clara camiña e debuxa. Sen ruta. Sen obxectivos concretos.



A GUÍA DAS RUTAS INCERTAS
é un libro imprevisible.

Cada semana Clara envía a ruta ilustrada nunha libreta que Bside Books vai gardando cuidadosamente.
Unha vez acabadas as dez rutas, Bside Books terá a liberdade absoluta para deseñar e editar o libro.

A GUÍA DAS RUTAS INCERTAS xorde dun interese común, tanto de Bside Books como de Clara Nubiola, de coñecer a cidade baixo outro prisma, de rexistrala fuxindo de tópicos turísticos, de coñecela máis intimamente, de rexistrar centros e periferias, de observar o traxecto e as distintas percepcións de cidade. En Bside Books temos estes temas como ideario e Clara Nubiola compárteos e apórtaos magistralmente neste proxecto.

Clara Nubiola + Bside books

Podedes adquirir a publicación dixital en:
+ ubicuostudio.com
+ bsidebooks.bigcartel.com

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: libros, publicacións

Tags: , , , , , , ,