III Concurso Internacional de Ideas para estudantes e novos arquitectos e arquitectas

5 (100%) 1 vote

bia_concurso

“Un novo eixo cívico na rúa Langaran- Otxarkoaga, Bilbao.”

Concurso Internacional de Ideas para estudantes e novos arquitectos e arquitectas.

BIA Urban Regeneration Forum 2018 convoca o III Concurso Internacional de Ideas para estudantes e novos arquitectos e arquitectas a quen propón a rexeneración urbana desde o ámbito social.

Baixo o título “Un novo eixo cívico na rúa Langaran- Otxarkoaga, Bilbao: a transformación da edificación consolidada”, o certame expón a actuación nas diferentes edificacións existentes que permitan albergar novos usos complementarios ou novas formas de vivenda para un novo tecido social no que actividade residencial e produtiva poidan convivir e sexan compatibles.

Prazo de entrega: ata as 00.00 horas do 12/06/2018 a través de www.biarchitecture.org

Premios:

· Premio BIA: 3.000 euros.

· Dous accésits: 1.500 euros, respectivamente.

· Premio BIA Rede, á proposta máis votada polas e os internautas.

Descargar bases.

A documentación completa do concurso atoparase aquí.

Arquivado en: concursos, evento

Tags: , , , , , , , , , , , ,