I Premios Galegos de Arquitectura Sustentable

O Colexio de Arquitectos de Galicia e a Fundación Biodiversidade, coa colaboración da Deputación da Coruña, convocan os “I PREMIOS GALEGOS DE ARQUITECTURA SUSTENTABLE”. enmarcados no proxecto “Ecoinnovación e sustentabilidade na construción de vivendas en Galicia, Ecoinnova Construción”. Os I Premios Galegos de Arquitectura Sustentable buscan recoñecer as boas prácticas e solucións innovadoras nos procesos construtivos da edificación realizada por arquitectos residentes en Galicia, recoñecendo o esforzo e o mérito dos profesionais da arquitectura que desenvolvesen proxectos construídos que contribúan a este fin. De maneira particular perséguense os seguintes específicos:

-Innovación en sistema envolvente: Contribuír á redución do consumo enerxético e aproveitamento solar, e á consecuente diminución da contaminación ambiental.
-Innovación en sistemas activos: Promover o uso de enerxías renovables e tecnoloxías limpas, integradas eficazmente nunha concepción bioclimática da edificación galega.
-Promover entre os arquitectos o desenvolvemento de solucións innovadoras, capaces de proporcionar melloras significativas na calidade técnica, a eficiencia enerxética, a utilización de materiais de baixo impacto ambiental, e en xeral a sustentabilidade, para a súa aplicación práctica habitual por outros profesionais en futuras intervencións.
-Difundir a experiencia e os futuros resultados, entre as Universidades, as Autoridades Locais, os Promotores de Vivenda, os Profesionais e os Contratistas do sector, para promover unha ampla aceptación e aplicación das novas medidas innovadoras.

– Tipo actividade: Premios
– Datas: 16/12/2010 – 18/05/2011
– Lugar: Galicia
O proceso de solicitude de participación nos Premios Galegos de Arquitectura Sustentable está suxeito ás condicións establecidas pola Fundación Biodiversidade.

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: premios

Tags: , , , , , , ,