Geobide

A suite de produtos para a consulta, análise e mantemento de información xeográfica de Tracasa, presenta a súa mellora e renovación con tres novidades. A primeira e máis importante é que Geobide Suite pasa a ser gratuíta e o usuario descargará, por primeira vez, as catro ferramentas que a compoñen dun modo conxunto: Geobide Builder, Geobide Converter, Geobide Map e Geobide Rasterconverter. Este último produto é outra das novidades do novo Geobide. Ademais, o relanzamento da suite de información xeográfica de Tracasa inclúe nova web e identidade gráfica no seu proceso de ofrecer unha mellor información aos seus usuarios.

A partir de agora, calquera usuario que o desexe poderá descargarse gratuitamente a Suite de produtos de información xeográfica, que conta na actualidade con preto de 4.000 usuarios. Entre as principais características destaca a súa capacidade para soportar os principais formatos vectoriais e ráster como Shapefiles, PostGIS, Oracle Spatial, ArcSDE, SQL Server, Autocad, Microstation, KML, estándares OGC, Geotiff ou MrSid. Ademais, Geobide Suite non está ligado a ningunha plataforma comercial GIS do mercado.

Geobide Rasterconverter

Geobide Rasterconverter, a nova ferramenta de Geobide Suite, é un conversor entre formatos ráster xeográficos e sistemas de referencia xeodésicos. Permite procesar rapidamente grandes volumes de información e é o complemento ideal de Geobide Converter.

Nova web e identidade gráfica

A renovación de Geobide Suite complétase co lanzamento dunha nova web e identidade gráfica. A web de Geobide ofrecerá ao usuario dun modo sinxelo e intuitivo toda a información da suite, dende os catro produtos que a compoñen ata os servizos profesionais que se ofertan. A nova identidade gráfica de Geobide, pola súa banda, presenta a evolución e integración das catro ferramentas Geobide Converter, Map, Builder e Rasterconverter á vez que resalta o posicionamento de Geobide dentro do ámbito da información xeográfica.

Equipo Geobide

Servizos profesionais

O lanzamento de Geobide Suite inclúe unha oferta premium de servizos para o usuario entre os que se inclúe servizos formativos, de consultoría e de soporte. Tracasa ofrece formación personalizada para os usuarios de Geobide, así como unha oferta de cursos entre os que destaca como realizar a migración a ETRS89, como harmonizar datos seguindo as directivas INSPIRE con Geobide Converter ou como editar con Geobide Map.

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: aparello

Tags: , , , , , , , , , , ,