Centro de día para enfermos de Alzhéimer | Jose Jorge Santos+Angel Cid

Trátase dun centro de día urbano para enfermos de Alzheimer, un espazo no que pasarán gran parte do seu tempo acodes con graves problemas de memoria. Preténdese fuxir dun centro gueto, facilitándolles unha contorna cálida, agradable, alegre, con fortes referencias visuales e, sobre todo, cunha relación amable co exterior, tanto desde o punto de vista do usuario, como do transeúnte.

Así, exteriormente, actúase sobre a fachada usando unha dobre pel de vidro e madeira. A madeira constitúe a pel máis externa, unha pel discontinua que presenta diferentes grados de permeabilidad tamizando a entrada de luz e a transparencia das zonas que se abren a viales públicos.

Na fachada con fronte a unha pequena praza, de carácter case privado, aparece únicamente unha pel de vidro de cor que tamiza a luz nunha escala de verdes, e que combina bandas traslúcidas e transparentes. Os espazos interiores, contiguos a esta fachada, báñanse así de cor configurándose unha pantalla de aparencia vegetal nunha contorna urbana.

No interior sepáranse a zona de administración e os espazos dedicados aos enfermos, onde unha gran peza central de cor variable, onde se concentran os servizos comúns, xera un espazo deambulatorio, que permite un paseo continuo para os enfermos facilitándolle referencias visuales de fácil identificación, e ao que se abren as salas de actividades do centro.

Actúase levemente sobre o espazo exterior modificando o banco jardinera existente e colocando outro novo, intentando acoutar un espazo que, aínda que de uso público, permita una certa protección ante a rúa e sobre todo ante o acceso de coches á rampa do aparcamiento contiguo.

Preténdese facer máis cálido este espazo, humanizarlo para o seu uso polos enfermos, ben incorporándoo como fondo visual dos espazos interiores, ben como espazo de relación entre os enfermos e a xente da rúa.

obra: Centro de día para enfermos de Alzhéimer

autores: Angel Cid Carballo+Jose Jorge Santos Ogando

dirección de obra: Jose Jorge Santos Ogando

colaboradores: Jose Carlos Mera Rodriguez / Ledicia Fraga Domínguez / Paula Mª Casal Vázquez

constructora: Constructora Ediserpo SL

emplazamento: Rúa Pedro Sarmiento de Gamboa 1, Pontevedra, España

promotor: Consellería de Traballo e Benestar. Xunta de Galicia

ano: decembro 2006 – decembro 2011

fotografia: Héctor Santos-Díez | BISimages

+ santos-mera.com

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, equipamiento sanitario, obras

Tags: , , , , , , , , , ,