Casa López-Freire | Salgado+Liñares

Unha premisa de partida por parte dos clientes, unha parella nova cun neno pequeno: a vivenda debe contar con dous ámbitos independentes e autónomos.

Unha premisa de partida por parte dos arquitectos: correcto achegamento ao lugar físico e cultural, pero sen atallos miméticos ou formalistas.

A vivenda localízase no Concello de Brión, preto  do núcleo central de Pedrouzos. Neste ámbito combínanse vellas e aínda vixentes construccións populares con outras recentes. O que nas primeiras é natural, convértese en forzado nas segundas; o que naquelas é integración devén estentóreo nas outras; a fluída relación co medio das primeiras da paso a un intercambio autista nas segundas. Nada novo, por outra parte.

Pois ben, neste contexto nós tentamos recuperar, ou partir, ou reinterpretar as vellas leccións aínda vixentes: facémolo con tento e sen mímese, co gallo de valorar o medio físico pero tamén o cultural. Nestas circunstancias facer-unha-casa convértese en algo máis que facer-unha-casa; convértese en facer-unha-casa e dar exemplo.

Todo o demais, que non é pouco, resúmese no seguinte: un proceso de traballo que tenta resolver unha sección e un programa nunha parcela de suave pendente e magníficas vistas ao sur.

A transición publico/privado, unha teima permanente nos nosos traballos, resólvese sen peche; ca vivenda como definidora do límite, e cun espacio intermedio de transición presidido por un parladoiro de relación veciñal. Un corredor de servizos separa a vivenda do norte. No resto, a casa ábrese ás vistas e á luz, e aos frutais, que xa plantaron os propietarios e que van medrando…

O proceso constructivo, entendido como selección de materiais e texturas, incorpórase a esa vontade de reinterpretación das solucións tradicionais: a orientación determina a elección das solucións e o cerramento portante revístese, ben dun aplacado lixeiro de granito, ben dunha pel transventilada e autoportante do mesmo material (nun corpo único pedra-rasilla). Por último, unha cobertura de cinc patinado remata o conxunto.

Noutras circunstancias, noutro país, as premisas de partida terían sido outras. A nós, aquí e agora, estas parécennos fundamentais.

Obra: Casa López-Freire

Localización:Lugar de Poza-Boimil, Brión, Galicia, España

Arquitectos redactores: Alfonso Salgado e Francisco Liñares

Arquitecto colaborador: Santiago Rey

Dirección da obra: Alfonso Salgado, Francisco Liñares e Santiago Rey

Estructuras: Manuel Liñares

Instalacións: Manuel Liñares e Miguel Raposo

Debuxo: Santiago Rey e Sergio Alcalde

Iluminación: ToKonoma.

Fotografías: Juan Rodríguez

Empresa constructora: Construcciones Rey Lorenzo S. L.

P.E.M. 220.000€

Superficie útil: 234,67m2

Superficie constructiva: 272,08m2

Data de visado do P. Básico: 13 de abril de 2005

Data de visado do P. de Execución: 26 de agosto de 2005

Data de remate da obra: Decembro de 2006

+ salgadoeliñares.com

veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, obras, vivienda unifamiliar

Tags: , , , , , , ,