Casa Entreliñas | OLA estudio

5 (100%) 1 vote

Casa Entrelineas OLA estudio o3 ext03

Situada en Santiago de Compostela, Galicia. A casa entreliñas xorde do desexo de sistematizar e axilizar as solucións construtivas. Os nosos clientes contaban cun orzamento axustado polo que, en certo sentido, debiamos escapar da retórica construtiva e todo aquilo que non fose esencial.

Esta vivenda é un sistema sinxelo, tanto de implantación como construtivo. Pautas de orde facilmente repetibles e sen tecnoloxías complexas. A súa forma xorde dos usos interiores podendo variarse en virtude destes.

Nunha parcela plana e verde elévase unha plataforma de formigón, unha laxa sobre a que se colocan un conxunto de muros, de termoarcilla, paralelos e equidistantes. Sobre eles a estrutura de madeira laminada e a cuberta de tella tradicional e plana. As frontes tápanse dependendo do desexo do cliente de privacidade, entrada de luz e vistas.

O espazo para a vivenda xa está definido por estes muros, a cuberta vista de madeira e as frontes.

Nada por aquí, nada por alá. Un sistema flexible e adaptable a diferentes necesidades, atmosferas e orzamentos.

Obra: Casa Entreliñas
Autor: Óscar López Alba (OLA estudio)
Emprazamento: Santiago de Compostela. Galicia. España.
Ano: 2016
Superficie: 168.00 m2
Fotografía: Héctor Santos-Diez
Outros: Enrique Ramos (aparellador), Consalpa (constructora).
+ olaestudio.com

Arquivado en: arquitectura, obras, vivienda unifamiliar

Tags: , , , , , , , ,