Carme Pinós. Arquitecturas

Este libro non é só a antoloxía máis completa da obra de Carme Pinós, senón un percorrido de case dúas décadas polos temas e as inquietudes recorrentes que marcaron o traballo do estudo desta arquitecta barcelonesa. A través dunha coidada selección das obras e os proxectos máis significativos do estudo, das achegas críticas de Peter Smithson, Daniela Colafranceschi, Rafael Moneo, Pedro Azara, Rafael Argullol, Francis Rambert, Juan José Lahuerta, Josep Quetglas, Magdalena Jaume e dos textos da propia Carme Pinós, o conxunto debuxa a traxectoria profesional dunha das figuras máis interesantes do panorama arquitectónico contemporáneo.

A selección abrangue dende as obras dos inicios do estudo -tras a etapa de traballo con Enric Miralles-, caracterizadas pola exploración sobre a natureza dos materiais, as formas e a súa integración na paisaxe e a cidade, e evoluciona cara a obras máis rotundas, de maior expresión, cun claro compromiso pola construción e a calidade espacial ao tempo que configuran evocadores complexos que se integran perfectamente no ámbito, xa sexa natural ou urbano. Unha monografía que proporciona unha completa panorámica da expresión singular, inusitada e atípica da arquitectura de Carme Pinós.

Daniela Colafranceschi é arquitecta, doutora en proxectos arquitectónicos e profesora de arquitectura da paisaxe na facultade de arquitectura da Università Mediterranea de Reggio Calabria (Italia).

Realizou xardíns en Fara Sabina (Roma), Chaumont-Sur-Loire (Francia), Canet de Mar (Barcelona) y en Girona, por el que obtuvo el Premio FAD de la Opinión (2003). Sus escritos y proyectos se han publicado en diversas revistas: Abitare, Acer, Archithese, Arquitectura viva, AU/Rivista dello Arredo Urbano, Casabella, Controspazio, Detail, Garten+Landschaft, Gartenpraxis, Il Progetto, INDE, La Casa Nuova, L’Urbe, ON Design, Piso, Projecto, Techniques & Architecture y Topos.

É autora de Architettura in superficie, Gangemi editore, Roma, 1995; Sull’involucro in architettura: Herzog, Nouvel, Perrault, Piano, Prix, Suzuki, Venturi, Wines, Ed. Librerie Dedalo, Roma, 1996; y Mirades foranes: lectures ibèriques, Col·legi d’Arquitectes de Barcelona, Barcelona, 2006.

Dende o ano 2000 dirixe a colección Land&Scape para a Editorial Gustavo Gili.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: libros, publicacións

Tags: , , , , , , , , , , , , ,