Arquitectura e territorio rural 2015

A percepción do territorio rural de Galicia como un espazo social, construído, faise patente para calquera que o mirou con algo de atención algunha vez. Esa construción do natural, que se fai modélica na materialidad da arquitectura tradicional, na unidade entre a casa e os labores agrícolas ou na concepción dos espazos de comunidade, os campos de festa ou as carballeiras, non fixo senón sufrir unha expansión tan brutal como descontrolada na segunda metade do século XX. Esa transformación de gran parte do territorio nunha especie de cidade xardín dispersa, continua e a gran escala corre paralela ao abandono paulatino da lóxica tradicional casa-agro-aldea sobre a que se estructuraba a forma de vida na sociedade rural.

A esa nova ocupación do territorio, recoñecida tantas veces no chamado “feismo”, responde a achaiadura xeral con normas que a intentan restrinxir, moitas veces de forma acrítica, cunha preocupación excesiva polo mantemento das formas, aparencias e materiais mal chamados tradicionais e cunha insistente regulación do que (pódese facer) que non deixa lugar a pensar sobre o como (facelo).

Para pensar sobre a globalidad dese territorio social, e sobre aspectos parciais do mesmo que dos que ha de ocuparse a arquitectura como a escala, a actividade, a achaiadura, a paisaxe, o espazo público, a movilidad, a enerxía, a casa, etc. xorde este encontro de “arquitectura e territorio rural” . Faio ademais desde dentro dese territorio, na aldea de Callobre, na Estrada, para conformarse como un lugar desde que emplazar ano a ano, durante o verán, nunha idea tamén de festa e comunidade, á reflexión, á interpretación de todo ese mundo, aberto a quen teña algo que dicir e a quen teña tempo tamén para escoitar e ver o que outros, dentro e fóra de Galicia, dentro e fóra da arquitectura, poidan contarnos.

Dende rvr arquitectos convocámosvos á edición de 2015 de “arquitectura e territorio rural”, que terá lugar no lugar habitual de Pousada, parroquia de Callobre, A Estrada, o próximo venres 31 de xullo.

AyT-2015_programa

O programa deste ano estará composto por:

11.00 mañá. Javier Harguindey_ arquitecto urbanista

“Escalas”

12.30 mañá. ESTAR

“Construir nun lugar”

Comida

17.30 tarde. SAMI- arquitectos

“Obra, projecto, pensamento”

19.00 tarde. Rapin Saiz Architectes

“Architecture Attendue”

Como siempre, os rogamos confirmación, pues el aforo es limitado.

vrán 2015 arquitectura ye territorio rural
Fundación María Martínez Otero/ Callobre, A Estrada
asistencia gratuita / número máximo de asistentes: 40 personas
src / 0034 630 070 874 / josevalladares@rvr-arquitectos.es
Entre as conferencias da mañana e da tarde servirase una comida para tódolos asistentes con productos da horta de la Fundación Martínez Otero
agradecementos: José Villacé, Jacobo Bugarín, María Valladares

+ arquitecturayterritoriorural.es

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: conferencias, evento

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,