Acerca da cidade

Rem Koolhaas é un dos grandes pensadores e polemistas contemporáneos acerca da cidade. Dende que en 1978 publicase o seu texto fundamental Delirio de Nova York, o arquitecto holandés catapultouse como unha das voces máis escoitadas á hora de abordar a reflexión en torno á cidade contemporánea. As súas achegas centráronse no estudo de determinadas urbes ou condicións urbanas (ademais de Nova York, Atlanta, Singapore, Lagos, etc). Este volume, non obstante, recolle catro textos intermedios aparecidos de forma dispersa – “¿Que foi do urbanismo?”, “Grandeza, ou o problema do talle”, “a cidade xenérica” e “Espazo lixo” – que, sen centrarse en ningunha cidade en particular, recollen a visión xeral de Koolhaas sobre a morte do urbanismo moderno e o nacemento dun novo urbanismo sen teoría nin arquitectos.

Rem Koolhaas (Róterdam, 1944) é arquitecto pola Architectural Association de Londres. En 1975 fundou, xunto a Elia e Zoe Zenghelis e Madelon Vriesendorp, Office for Metropolitan Architecture (OMA) e posteriormente AMO, a vertente teórica e máis propagandista de OMA. É un dos arquitectos contemporáneos cuxo traballo profesional e obra teórica exerceron maior influencia na arquitectura das últimas décadas. É autor de Delirio de Nova York (Editorial Gustavo Gili, 2004, publicado orixinariamente en 1978) e de S, M, L, XL (1995, onde se inclúe Sendas oníricas de Singapore, publicado por esta editorial), Mutacións (2000), Content (2004), post-Occupancy (2006), Al Manakh (2007) ou Elements of Architecture (2014).

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: libros, publicacións

Tags: , , , , , , , , , , , , ,