50 Housing Floor Plans

5 (100%) 1 vote

50 Housing Floor Plans o1

50 Housing Floor Plans é a segunda baralla da colección de a+t research group  destinada a promover a cidade compacta e a vivenda desexable.

Contén 50 plantas de edificios de vivenda colectiva recentes (2000-2017) de diferentes tamaños e formas (Z- shape, Butterfly, Spine, Empty Circle, Cactus…), así como 50 unidades de vivenda extraídas dos proxectos.

50 Housing Floor Plans o2

Criterios de Privacidade & Exterioridad estimadas.

a+t research group analiza todos os proxectos en termos de Privacidade e Exterioridade, os dous comportamentos máis definitorios da vivenda desexable.

Cada unha das cartas da baralla mostra unha planta e unha unidade de vivenda dun proxecto.

O anverso de cada carta estima o nivel de Privacidade das vivendas tendo en conta:

– os núcleos de circulación vertical

– a superficie de circulación horizontal

– as alturas reais do proxecto

– e o número de vivendas por planta.

50 Housing Floor Plans o3

O reverso estima o nivel de Exterioridade da unidade de vivenda en función de:

– a proporción de superficie exterior

– a proporción de fachada

– o número de orientacións

– as anchuras dos ocos

– e a profundidade da vivenda.

As unidades están en sistema métrico decimal e en sistema anglosaxón.

 “50 Housing Floor Plans é a nosa aposta por difundir a vivenda colectiva na que desexariamos vivir. Non é unha baralla para xogar. É unha baralla para vivir mellor”.

a+t research group.

A colección de cartas forma parte de serie Densidade, iniciada por a+ t en 2002 e considerada a investigación sobre vivenda colectiva de referencia en todo o mundo.

Arquivado en: catalogos, publicacións

Tags: , , , , , , , ,